Mes: Xaneiro 2007

Programa 15 (28-1-07): Cryptosporidium

Fixémonos eco da presentación do libro Las Ciencias y las Tecnologías Marinas en España coordinado polo ecólogo mariño Carlos Duarte. Este informe do CSIC denuncia as causas da perda de peso internacional das investigacións en ciencias mariñas en España: grupos de investigación pequenos, falla de coordinación entre institucións e de investigacións interdisciplinarias. Entrevistaremos a investigadora do…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/Prog15/Efer_programa15.mp3 6905443 audio/mpeg

Os partos e a lúa

Un oínte, Dani que é bombeiro en Boiro, escribiunos preguntándonos se é certo que a lúa inflúe na data dos partos. Dedicarémoslle unha “Sección Aleatoria” ao asunto. Se queres deixar a túa opinión ou algunha referencia útil sobre tema só tes que deixarnos un comentario. Grazas.

Read More

Programa 14: INCITE (21-1-07)

O Consello da Cultura Galega presentou unha interesante páxina web chamada Álbum da Ciencia. En “Álbum da Ciencia” vanse publicar tódalas semanas de 2007 unha biografía dun científico, intelectual ou pedagogo galego que tivese relación coa Junta de Ampliación de Estudios. Esta institución foi a orixe do Consejo de Investigaciones Científicas. Conversamos sobre o INCITE…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/Prog14/efer_programa14.mp3 7055908 audio/mpeg

Programa 12: Xoguetes con ciencia (7-1-06)

Detrás de moitos xoguetes e obxectos cotiás atopámonos con fenómenos e curiosidades científicas. José Manuel Dapena e Concepción Mora son profesores nos IES de A Xunqueira (Pontevedra) e de Poio, respectivamente. Nos últimos levan organizando a Semana da Ciencia nos seus institutos. En 2006 dedicaron un completa exposición ós xoguetes e a súa relación coa…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/Prog12/efer_programa12.mp3 14083369 audio/mpeg

Programa 11: VII Programa Marco da UE (31-12-06)

Chamounos a atención un artigo publicado recentemente en Science no que se anunciaba a morte de 5000 gorilas en África Central. En apenas 2 anos o 95% dos gorilas da reserva Lossi no Congo faleceron por causo do Ébola. Carles Vilá, profesor da Universidade de Upsala, falounos dende Suecia desta investigación da que é corresponsable….

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/Prog11/Efer_programa_11.mp3 14674429 audio/mpeg