Mes: Decembro 2007

Programa 63 (30-12-07): Emocións e cerebro

Por estas datas a revista Science adoita publicar unha lista cos descubrimentos máis importantes do ano. Cando mercamos un coche tomamos unha decisión racional ou emocional? E cando decidimos deixar a nosa parella? Por que despois de millóns de anos de evolución humana os sentimentos son imprescindebles para sobrevivir (con saúde)? Sobre estas cuestións conversamos con…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer63_30-12-07.mp3 14813568 audio/mpeg

Programa 62 (23-12-07): Acceso universal aos fármacos

Unha carta a Nature desvela que cada vez máis os científicos mandan máis manuscritos ás revistas especializadas o 25 de nadal… Óscar Blanco preséntanos a Guía do Ceo editada en galego por Le Pourquoi Pas. Como compaxinar os lexítimos intereses da industria farmacéutica co acceso universal aos medicamentos? Xosé María Torres cóntanos como resolver a ecuación…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer62_23-12-07.mp3 13066971 audio/mpeg

Programa 61 (16-12-07): Os buratos negros son calvos

Damos conta do evento anual da Unidade Muller e Ciencia de Galicia no que se lle concedeu a Inmaculada Paz Andrade o premio María Wonenburger na súa primeira edición. No tempo da conversa caemos dentro dun burato negro, viaxamos ó inicio do tempo e do espazo, e buscamos as partículas máis esquivas que agochan, entre…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer61_16-12-07.mp3 12708362 audio/mpeg

Programa 59 (2-12-07): Células Nai

Os térmites son os protagonistas da nova da semana.  Ao fío da publicación hai dúas semanas da reprogramación de células humanas en células nai conversamos con Daniel Soutullo sobre a historia das células troncais. Daniel Soutullo é biólogo especialista en bioética, autor de numerosos ensaios e gañador o ano pasado do premio de investigación en bioética…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer59_2-12-07.mp3 13269002 audio/mpeg