Mes: Marzo 2008

Programa 74 (16-3-08): Directo no Xuventude Galiza Net

Emitimos o programa en directo dende o Xuventude Galiza Net no Palacio de Congresos de Santiago. A xente de Mancomún con Suso Baleato á cabeza exerce de anfitrioa para nós. Conversamos sobre software libre, a tradución do Open Office v3.0 ao galego, os robots e a reciclaxe de equipos informáticos antigos. Unha edición efervescente que non…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer74_16-3-08.mp3 958984 audio/mpeg

Programa 72 (2-3-08): Eu quero ser oceanógrafo

Os proxectos pluridisciplinares de investigación gañadores da segunda convocatoria do programa Consolider recibirán ao redor de 5 millóns de euros para os próximos 5 anos. En cada proxecto participan unha media 12 grupos de investigación e 90 investigadores. Das 28 liñas de investigación nas fronteiras da ciencia que foron seleccionadas en toda España hai tres proxectos liderados por investigadores galegos….

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer72_2-3-08.mp3 13741244 audio/mpeg