Mes: Abril 2008

Programa 80 (27-4-08): Terra ferida

Os psicólogos dispoñen agora dunha nova ferramenta para avaliar a madurez afectiva, a adaptación española do Sistema Internacional de Sons Afectivos. Con Miguel Delibes de Castro conversamos sobre refuxiados ambientais, gatos e o futuro deste noso planeta terra ferido pola acción do home. Miguel Delibes de Castro Para participar na sección Entrevistas no alén estar morto non é…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer80_27-4-08.mp3 811528 audio/mpeg

Programa 79 (20-4-08): Sustentabilidade, redes e cidades

Esta semana coñecéronse os gañadores do premio Galicia de Investigación, na modalidade de investigación científico-técnica. O xurado, integrado por científicos da categoría de Pedro Echenique ou Ginés Morata, ambos premio Príncipe de Asturias de Investigación, concedeulle o premio “Antonio Casares e Rodrigo” ao físico Carlos Pajares. Este especialista en física de partículas e no estudo da orixe…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer79_20-4-08.mp3 13777136 audio/mpeg

Programa 78 (13-4-08): Fotografando prións

Ao fío dunha carta publicada o ano pasado, unha revista decidiu facer unha enquisa entre os seus lectores para saber se estes consumían drogas para mellorar a eficiencia no traballo. Á enquisa virtual contestaron 1400 lectores de 60 países. Resultado: 1 de cada 5 tomaban drogas para mellorar a súa concentración. A revista era Nature, e…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer78_13-4-08.mp3 13779801 audio/mpeg

Programa 77 (6-4-08): O novo Cancioneiro de Ajuda

Alejandro Pazos, coordinador da Rede Galega de Bioinformática, coméntanos o éxito da I Xornada Galega de Bioinformática. Podería pensarse que xa se coñece todo sobre a prosa profana medieval galego-portuguesa. Pero non é así. Mariña Arbor está empregando metodoloxía científica contemporánea para “redescubrir” o Cancioneiro de Ajuda. Mariña Arbor é investigadora Ramón y Cajal na USC….

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer77_6-4-08.mp3 13683024 audio/mpeg

Programa 76 (30-3-08): Confeso que comín

Un xeito de montar un negocio próspero é copiar o Know-How da competencia. Os científicos levan anos espiando unha familia de lagartos coñecida como geckos. Hai uns anos  ensináronnos a gabear paredes verticais lisas, hai uns meses a como cicatrizar incisións cirúrxicas, e hai dúas semanas a planar máis eficientemente. Unha salamanquesa planando nun túnel de vento (Fonte: PNAS) O…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer76_30-3-08.mp3 13511088 audio/mpeg

Programa 75 (23-3-08): Riscos naturais

Galicia vai acoller unha das catro sedes do Instituto Español de Matemáticas logo de competir nun concurso público do Ministerio de Educación y Ciencia. A candidatura galega, froito da colaboración entre as tres universidades, e a Consellería de Innovación e Industria, estivo coordinada por un grupo promotor de 10 matemáticos galegos de prestixio internacional. A…

Read More
http://www.efervesciencia.es/efer/prog/efer75_23-3-08.mp3 13993200 audio/mpeg