Podcast: Versión estendida

“As arquitectas da vida” con Alfonso Martínez Arias [Versión estendida]

[Versión estendida] Conversamos con Alfonso Martínez Arias (Universitat Pompeu Fabra), quen nos propón mirar máis alá dos xenes para entender como as células organizan o desenvolvemento dos organismos. Este é argumento principal do seu libro “As arquitectas da vida”. Descubrimos con el por que a gastrulación é o momento máis importante da nosa existencia biolóxica.

Read More

Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor

(2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de…

Read More

Mates e malabares con Pablo Reboleiro e Elena Vázquez [Versión estendida]

[Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego “A serie Clopen”. Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena…

Read More

Efer 715 (12-6-25): Aeroxeles

Monográfico dedicado aos Premios á Transferencia 2025 da Real Academia Galega de Ciencias. (3:30) Efeméride do 12 de xuño do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (4:28) Carlos García é investigador do grupo I+D Pharma onde dirixe o “Aerogels Lab” e vén de gañar o premio “Francisco Guitián Ojea” por desenvolver aeroxeles estériles…

Read More

Efer 714 (5-6-25): Noite Efervescente en Ponteceso

[Versión estendida] Noite Efervescente desde a Casa dos Veciños da Aldea do Couto en Ponteceso. Estiveron connosco o alumnado das Aulas Científicas Eduardo Pondal e os amigos da Asociación AMIPA. Tamén contamos con Esther Suárez, Isabel Segura, Borja Tosar, Xabier Pérez Couto e Estíbaliz Espinosa.

Read More

Efer 713 (29-5-25): Ignicia

Monográfico dedicado ao programa Ignicia da GAIN para transferir o coñecemento dos centros de investigación galegos ao mercado. (2:09) Carmen Cotelo é a directora da Axencia Galega de Innovación. (10:19) Eferméride do 29 de maio do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (11:38) María de la Fuente lidera a unidade de nanooncoloxía e…

Read More

Efer 710 (1-5-25): Ciencia na Aldea, onde o mundo se chama Pena da Nogueira

[Versión estendida] Asistimos á edición de 2025 de Ciencia na Aldea que se desenvolveu en Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz organizada pola Asociación Corripa. Un encontro único entre o mundo da ciencia, do medio ambiente e a xente do agro. Conversamos co biólogo Javier Castroviejo (2:40), co botánico Bernabé Moya e…

Read More

Luis Liz Marzán, a revoución dos nanoparafusos [Versión estendida]

[Versión estendida] Desde o CINBIO conversamos con Luis Liz Marzán, o español máis citado en ciencia de materiais. Marzán, que tamén traballa no CIC BioMagune en San Sebastián, leva máis de dúas décadas desenvolvendo investigacións de vangarda co financiamento do ERC, o Consello Europeo de Investigación. Actualmente traballa na síntese de nanoparafusos que presentan propiedades…

Read More

Postcrecemento e innovación con Mario Pansera [Versión estendida]

[Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R…

Read More

Fenda na materia escura con Antón Baleato Lizarcos [Versión estendida]

[Versión estendida] Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de…

Read More