O vindeiro sábado día 19 de xullo a partir das 21:30 teremos unha espectacular observación astronómica para todos en Os Biocos na que participaran os nosos estreleiros.
A gran Noite Efervescente consistirá nunha velada de observación do ceo á que están convidados todos os amigos de Efervesciencia. Esta festa para gozar da astronomía celebrarase nun lugar privilexiado pola calidade do seu ceo nocturno, o albergue dos Biocos en San Xoán de Río (Ourense).
Un grupo de persoas con discapacidade intelectual de diversas asociacións da provincia de A Coruña tamén participarán no evento. A primeira parte da Noite Efervescente foi unha sesión de combinada de planetario e observación nocturna urbana que tivo lugar en A Couruña o pasado 5 de abril. Esta foi a reportaxe que fixemos en Efervesciencia da velada astronómica:
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Noite-efervescente14-planetario.mp3]
Reportaxe Noite Efervescente 14 no planetario da Casas das Ciencias
Familias, grupos de amigos e en xeral calquera persoa interesada pode participar na Noite Efervescente o 19 de xullo á noite. Quen desexe quedar a durmir no albergue ou facer uso das súas instalacións debe contactar previamente con este no teléfono 988 346 204, no correo info@osbiocos.com, ou na páxina de reservas. E para vir equipado non deixes de botarlle un ollo á nosa Guía do Ceo de Verán.
Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO, os Museos Científicos Coruñeses, a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña, e Astronomía na Beirarúa. As asociacións participantes na “Noite Efervescente” son : – Club Finisterre da Asociación ASPRONAGA (A Coruña) – ADCOR (A Coruña) – Nosa Señora de Chamorro (Narón) – Club Manuel Pose Veiga de ASPABER (Carballo) – Centro Pai Menni (Betanzos) – AMIPA (Comarca do Sar) – ASPADEX (Cee) – Aspadisol (Oleiros) – Artefíos (A Coruña).
Efervesciencia é o programa de divulgación científica da Radio Galega que se emite os sábados ás 4 da tarde. Prisma de Bronce na XXVI edición dos Premios Prismas Casa de las Ciencias á Divulgación. Efervesciencia está patrocinado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Economía e Competitividade.