Esta tempada efervescente foi intensa, estivemos no CERN en Xenebra, fixemos un programa desde o cárcere da Lama, vivimos en directo a emoción da posta en órbita dun satélite, estivemos na Illa de San Simón falando de neurociencia e maxia, conducimos un coche eléctrico,… En definitiva deixámonos sorprender polos mil e un mundos que están neste, pola ciencia e os seus protagonistas.
En setembro recuncaremos con novas doses de ciencia sen contraindicacións para mentes curiosas.
E mentres tanto poderedes gozar con “Efervesciencia de verán” na sintonia da Radio Galega. O mellor e mais refrescante de toda a tempada os sábados de 4 a 5 da tarde, e os domingos a mesma hora (mentres non empece o fútbol). Non volo perdades.