É posible alicatar un baño con azulexos pentagonais sen deixar ocos? Non.
A non ser que empreguemos unha estrutura cuasecristalina. Para elo debemos distorsionar os azulexos segundo unha regras definidas de tal xeito que consigamos cubrir toda a superficie sen ocos xerando un patrón que nunca se repite. Roger Penrose formulou os cuasecristais hai máis de 30 anos. O curioso é que se descubriu que os artistas árabes utilizaban esta sofisticada e moderna teoría matemática nos séculos XIII a XV para decorar as mesquitas de Asia Central.

Mosaico árabe (Fonte: Science)
Óseos Cosmos é unha exposición de microfotografías dixitais de osos e dentes de todas as épocas, dende a australopitecus Luci ata a actualidade. As fotos están seleccionadas polo seu valor estético, de aí que se exhiban nun museo de arte contemporánea, no MACUF na Coruña. Falamos cun dos coautores das fotografías, Alejandro Pérez Ochoa, profesor do Departamento de Paleontoloxía da Universidade Complutense. Ochoa tamén é o coautor dun microscopio confocal portátil para permitir que os museos africanos poidan estudar os seus importantes fósiles de homínidos in situ e sen danar as mostras.

Oso de rata en crecemento no trasbordador espacial.
Os beneficios obtidos por Óseos Cosmos dan soporte o proxecto de investigación “Cancro e evolución humana” auspiciado pola Universidade de Nova Iorque, o Memorial Sloan-Kettering Cancer Centre da mesma cidade, a USC, e o Museo de Historia Natural de Madrid. Anxo Vidal, investigador Ramón y Cajal da USC, é un dos impulsores deste programa que pretende explorar un novo concepto de investigación do cancro onde se unen a paleontoloxía e a bioloxía molecular.

Anxo Vidal.
Concurso. Cal é a temperatura máis baixa que se pode acadar?
a) -273,15 ºC
b) 0 K
c) -479,67 ºF
É imposible non acertar!!