Nace Belenus, unha plataforma galega de conexión a internet de banda larga funcionando con software libre e alimentada por enerxías renovables.

Cando imos á praia moitas veces non nos decatamos da diversidade de flora e fauna que hai nas dunas que enlazan os areais coa matogueira. De feito moitas veces non somos quen de identificar as dunas porque temos a idea preconcibida das grandes dunas do deserto ou das Corrubedo. Os sistemas dunares que podemos atopar en moitas praias galegas non responden a este estereotipo.

Tino Quintela da Federación Ecoloxista Galega amósanos como axudar a coñecer e coidar estes singulares ecosistemas. Quintela é coautor da exposición didáctica Dunas: Espazos únicos a conservar. A Federación Ecoloxista Galega invita a calquera asociación que desexe exhibir esta exposición a que se poña en contacto con eles.

No mundo existen unhas trinta grandes dunas que cando hai vento cantan  con voz de baixo emitindo notas musicais de baixa frecuencia. Na Sección Aleatoria escoitamos a música das areas e os intentos dos científicos de desentrañar este delicioso misterio.