De conto coreano a culebrón. En 2004 Hwang Woo-suk anunciou a obtención de células nai humanas polo método de transferencia nuclear, o mesmo sistema de clonación que se empregara coa ovella Dolly. A finais de 2005 descóbrese que é unha fraude, e a revista Science ten que pasar polo vergoña de retirar o artigo de Hwang. Sen embargo, esta semana publicouse no segundo número de Stem Cell Stem un traballo que desvela que Hwang si conseguiu obter a células nai, pero non por transferencia nuclear senón por partenoxénese. Parece ser que o coreano non tiña a tecnoloxía para saber o que tiña entre mans.

A palabra nipoa Origami e a de orixe grega papiroflexia comparten etimoloxía: dobrar papel. Estiveron connosco Teresa Otero, Mª Luz Díaz e Moisés Iglesias que forman parte do grupo galego da Asociación Española de Papiroflexia.

img_5132_1.jpg

Os profesores de matemáticas e tecnoloxía Teresa Otero e Moisés Iglesias.

Como pregar os paneis solares dun satélite de telecomunicacións para que non sufran danos no posta en órbita? No penúltimo número de Nature, hai tan so dúas semanas, apareceu un artigo de Ian Stewart sobre como a papiroflexia proporciona solucións no deseño de bens de consumo (pregado dun airbag, por exemplo) e na creación de novos materiais para a industria aeroespacial. A papiroflexia é un pasatempo, unha arte e tamén unha ciencia.

img_5134_2.jpg

Mª Luz Díaz.

O grupo de papiroflexia reúnese unhas horas cada dúas semanas en Santiago, e cada par de meses fan un encontro máis longo no que participa xente de toda Galicia. Se queres contactar con eles podes escribir a maluzd-aquí vai a arroba-gmail.com.

img_5134_1.jpg

O estudio da Radio Galega invadido por criaturas de papel.

Programa 42:

Programa 42