Programa 53 (21-10-07): Prohibido non tocar, pensar, sentir e soñar

Pablo Gómez Segade – profesor do IES de Sar en Santiago – preséntanos Biogeociencias, un portal web no que se recollen novas de prensa relacionadas coas ciencias da vida, a xeoloxía e a ecoloxía. En Biogeociencias tamén se poden atopar recursos educativos sobre estes temas para a aula. Ademais, Gómez Segade proponlles, a institutos de secundaria e a científicos afeccionados, facer un estudo colaborativo tipo wiki das augas do pozos de Galicia. Só se precisa dispor dun condutivímetro e dun pHmetro.

Efervesciencia fai un ano en antena. Celebrámolo entrevistando a Ramón Núñez, que xunto coa investigadora Tarsy Carballas, foron os invitados do primeiro programa. Ramón Núñez, alma mater dos Museos Científicos Coruñeses, cóntanos o que non se ve nas exposicións: como se preparan, o equipo que hai detrás, plans de futuro…

Moncho Núñez.

Ramón Núñez (Foto: Francisco Doménech. Licenza Creative Commons)

As novas algas que vai comerciar a empresa Porto-Muíños son as protagonistas de Innovando.