Dentro de 6 meses inaugurarase en Forcarei o primeiro observatorio astronómico galego. Esta é unha iniciativa da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura que preside Ana Ulla, profesora titular da Área de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo.

Así vai ser o telescopio do observatorio de Forcarei.
O científico padronés Xosé Bustelo, investigador do Centro de Investigación del Cáncer de Salamanca, vén de recibir o premio Fundación Pfizer ao mellor artigo de investigación básica. Bustelo cóntanos que cando o seu equipo experimentaba con ratos knockout intentando entender mellor o cancro, atoparon un xene que si se suprime causa hipertensión.

Xosé Bustelo.
Na Sección Aleatoria damos conta da historia da farmacia a través da… filatelia, e en Innovando coñecemos a televisión do futuro de man de Lamdstream.