Os psicólogos dispoñen agora dunha nova ferramenta para avaliar a madurez afectiva, a adaptación española do Sistema Internacional de Sons Afectivos.

Con Miguel Delibes de Castro conversamos sobre refuxiados ambientais, gatos e o futuro deste noso planeta terra ferido pola acción do home.

Delibes de Castro

Miguel Delibes de Castro

Para participar na sección Entrevistas no alén estar morto non é unha excusa, senón un requisito. Desta volta contamos con Schrödinger.

Innovamos con “Tratamienos ecológicos del Noroeste”.

“Visita ás interioridades do CERN”. O CERN é o maior laboratorio de física de partículas do mundo. Está previsto que o 21 de xullo se lancen as primeiras partículas do seu último gran proxecto, o LHC – o Gran Colixionador de Hadróns. Un experimento transcendental para verificar as teorías dos físicos sobre a constitución da materia.
A directora do instituto Urbano Lugrís da Coruña, Margarita Cimadevila, en combinación coa Asociación de Profesores de Ciencias de Galicia (ENCIGA), conseguiron que o CERN organice un curso especifico para profesorado galego. O Galician Teachers Programme terá lugar na terceira semana de setembro deste ano. O curso será impartido en español, e pode que tamén algunha charla en galego. Nestas xornadas vanse poder visitar tódalas instalacións do CERN en Xenebra.

Aínda queda algunha praza libre para esta oportunidade única de coñecer o maior proxecto europeo de investigación. Os interesados poden contactar coa organizadora en mcimadevila@hotmail.com.

Programa 80 (27-4-08)