Manuel

Efer 753 (25-6-26): Medea no observatorio de Cotobade

Cos amigos de AMIPA e a asociación Sirio celebramos a XII Noite Efervescente. E deste xeito, no observatorio astronómico de Cotobade atrevémonos representar Medea de Séneca, nunha adaptación de radioteatro a partir da recente tradución ao galego de Fernando Domènech editada por Rinoceronte. Medea está chea de referencias astronómicas que nos contextualizan o propio Domènech…

Read More

Efer 752 (24-6-26): Da Galicia conxelada ao futuro da costa con Augusto Pérez Alberti

(1:58) Coñecemos o proxecto educativo Alerta Verde, un videoxogo desenvolvido no CINTECX da Universidade de Vigo para achegar as enerxías renovables e a economía circular ao alumnado (8:37) Como sería Galicia cuberta de xeo hai máis de 40.000 anos? Nesta edición viaxamos ao pasado glaciar e ao futuro da nosa costa da man de Augusto…

Read More

Efer 751 (23-6-26): Fígado e ozempic

(2:22) A literatura e a ciencia únense coa chegada de “Donaira”, tradución galega da utopía feminista “Herland” de Charlotte Perkins Gilman en Boadicea Editora, da man de Estíbaliz Espinosa e Irene Lema, que exploran temas como a partenoxénese e a autoxestión nunha sociedade só de mulleres. (20:04) Viaxamos a Canadá para conversar con María Jesús…

Read More

Efer 750 (18-6-26): Acuicultura rexenerativa

(3:55) A psiquiatra Iria Veiga desmonta mitos sobre a depresión. (14:44) Carmen Cotelo (Axencia Galega de Innovación) presenta as novas unidades mixtas de investigación, alianzas entre centros e empresas para impulsar a transferencia de coñecemento. (21:47) Jorge Hernández Urcera (IIM-CSIC) detalla a creación Acuiregal, que busca repoboar especies mariñas clave como o polbo ou a…

Read More

Efer 749 (11-6-26): As tecnoloxías profundas en Galicia

A segunda revolución cuántica xa está aquí e Galicia quere ser protagonista. Neste especial de Efervesciencia trasladámonos á Axencia Galega de Innovación (GAIN) para descubrir como se está a tecer o ecosistema galego das tecnoloxías profundas: comunicacións e computación cuántica, intelixencia artificial e sensado avanzado. Conversamos con Carmen Cotelo (GAIN), que debulla os avances do…

Read More

Efer 748 (28-5-26): Tratar a dor persistente

(2:28) A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, preséntanos o programa Nexus de colaboración entre PEMES e centros de coñecemento galegos. (7:25) José Luis Cabarcos (Xerente da Cooperativa Agraria Provincial da Coruña, que está atrás de Bico de Xeado) explícanos o proxecto de innovación Lacteus. (12:43) A dor é moito máis que unha…

Read More

Efer 747 (21-5-26): Eclipse en famila, construe a túa caixa escura

(2:45) Conversamos con César Muñoz Fontela (Instituto de Medicina Tropical Bernhard Nocht de Hamburgo) sobre o gromo do virus de Bundibugyo na República Democrática do Congo, unha enfermidade emerxente que pon a proba os protocolos sanitarios nun contexto de conflito e sen vacinas dispoñibles. (15:35) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez…

Read More

Efer 746 (16-5-26): Profundando na quiralidade das moléculas

(2:39) No espazo da Axencia Galega de Innovación María José Mariño, directora da área de transferencia e talento de GAIN, preséntanos o impacto do programa Oportunius para atraer investigadores excelentes na fronteira do coñecemento gañadores das axudas do Consello Europeo de Investigación (ERC). (10:01) Conversamos co investigador Oportunius Cristóbal Pérez, nova incorporación ao CICUS, que…

Read More

Efer 745 (14-5-26): Ciberseguridade desde Galiciencia

Viaxamos ao Parque Tecnolóxico de Galicia para acudir, un ano máis, á feira científica Galiciencia, que nesta edición está dedicada á ciberseguridade. Conversamos con Javier Taibo, director de Tecnópole, cos profesores Irene Otero, Daniel Alén e Miguel Yebra, co actor Vicente Mohedano e coa enxeñeira Iria Ollero. Antonio Vázquez Saburido, xefe do Servizo de Investigación…

Read More

Efer 744 (7-5-26): Que lle pasa as candorcas ibéricas cos veleiros?

(1:52) A escuma que vemos nas praias dános información sobre a saúde da auga. Conversamos co catedrático de Enxeñaría Química Gumersindo Feijoo. (9:38) No Museo Mar de Sorrizo en Arteixo presentouse o proxecto Candorcas, unha iniciativa promovida por Paola Catapano. Paola é xornalista científica no CERN, pero ademais preside a asociación Polarquest.org que co veleiro…

Read More