Manuel

Atopan hibridación en paxaros de dous xeneros separados hai 7 millóns de anos [Paxaros na cabeza]

Nunha eclipse os paxaros cambian de comportamento e activan “o coro do mencer”. Dous traballos publicados en Nature e Science estudaron este fenómeno na eclipse do 8 de abril de 2024 en Estados Unidos. Haberá que estar atentos na vindeira eclipse. Cóntanolo o noso ornitólogo Nacho Munilla. Tamén nos trae un exemplo onde a evolución…

Read More

Efer 726 (25-12-25): Arqueoastronomía no Sáhara Occidental

(2:11) Marcelino Veiguela desenvolveu unha investigación sobre o ensino STEM mediante miniproxectos experimentais no cárcere de A Lama. (12:01) De onde vén a escala de temperaturas que usamos todos os días? Nova efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (17:09) A arqueoastrónoma do INCIPIT Andrea Rodríguez Antón lévanos aos ceos do Sahara…

Read More

Efer 725 (20-11-25): Prismas comprometidos por un mundo mellor

(2:20) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, debulla un novo mito en saúde mental: o suicidio. (11:58) Co director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado, coñecemos os gañadores dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación Científica. Falamos con Luis Alcalá, presidente do xurado; con Daniel Amatller, impulsor de…

Read More

Efer 724 (13-11-25): Embarcamos co CIM

Embarcámonos na xornada de portas abertas do CIM, o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, acompañados polo seu director Daniel Rey. Conversamos coa xenetista Paloma Morán sobre a reprodución do mexillón e a produción de mexilla (2:29) e coa especialista en criobioloxía de invertebrados mariños Estefanía Paredes (16:54). Con Jesús López do grupo…

Read More

Mates e malabares con Pablo Reboleiro e Elena Vázquez [Versión estendida]

[Versión estendida] Pablo Reboleiro é licenciado en matemáticas e en artes circenses. Vén de recibir o premio nacional de Circo con Pista 4. E tamén de estrear a produción do Centro Dramático Galego “A serie Clopen”. Desde a facultade de matemáticas da USC falamos de malabares, matemáticas e fascismo xunto coa profesora de topoloxía Elena…

Read More

Efer 723 (16-10-25): Malabares e mates

(4:09) A psiquiatra Iria Veiga, tamén coñecida como Raíña Vermella nas redes, estrea sección en Efervesciencia sobre mitos en saúde mental. (15:50) Efeméride do 16 de outubro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (16:55) O primeiro ordenador da historia non era tal. Nolo conta Javier Pedeira “Wicho”. (28:10) Pablo Reboleiro é licenciado…

Read More

Efer 722 (9-10-25): Como o sistema inmune evita o fogo amigo

(3:44) Dime como é o teu cerebro e direiche quen son os teus amigos. Isto é o que se desprende dun traballo publicado en Nature Human Behaviour. (14:55) O Nobel de medicina de 2025 foi para a tolerancia inmunolóxica periférica, un segundo sistema do noso corpo para evitar o fogo amigo dos linfocitos T. Conversamos…

Read More

Efer 721 (18-9-25): Buratos negros que saen disparados

(3:07) Publícase en Nature a análise dunha biofirma detectada polo rover Perseverance en Marte. Borja Tosar dános o contexto deste achado. (17:06) Efeméride do 18 de setembro do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (18:08) Os buratos negros cando coliden e se fusionan saen disparados a 5000 km/segundo. Este resultado foi publicado en…

Read More

Efer 720 (11-9-25): Os códigos invisibles da leria

(1:56) O “aerotrastornado” Javier Pedreira “Wicho” cóntanos como fan os avións comerciais para aterrar cando falla o GPS. Non, non é utilizando mapas de papel. (11:09) (11:09) Conversamos sobre os poderes da conversación con Estrella Montolío, catedrática de lingua española da Universidade de Barcelona. (46:42) Efeméride do 11 de setembro do Calendario da Historia da…

Read More

Efer 719 (4-9-25): Salvaxe, salvaxe

(3:25) As altas temperaturas nocturnas das vagas de calor aumentan a nivel mundial a mortalidade nun 3% segundo un estudo coordinado por Dominique Royé (MBG-Galicia). (11:56) Efeméride do 5 de xullo do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez. (13:10) Os lobos son un dos poucos animais salvaxes que aínda perduran no noso territorio….

Read More