Manuel

Efer 340 (31-1-16): Courel de alaranxadas xanzás

A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos…

Read More

“Non toques os meus círculos” de Artello Teatro

Como recomendación da nosa axenda de eventos científicos destacamos a representación no MUNCYT de A Coruña de “Non toques os meus círculos” por parte da compañía de teatro Artello.

Read More

Entrevista a Javier Montenegro: Atravesar a membrana

Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto…

Read More

Os segredos do programa de divulgación ‘Éche así’

Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o que hai atrás da cámara do programa de televisión de divulgación científica Éche Así: as pezas mais complicadas, a máquina infernal, …

Read More

Qubiotech: Unha spin-off que axuda ao teu médico a ver o teu cerebro

Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe…

Read More

Efer 339 (24-01-16): Un contrasinal oloroso para entrar na célula

O investigador do @CIQUSUSC Javier Montenegro vén de gañar unha prestixiosa bolsa Starting Grant do ERC. Van crear un modelo olfactivo para predicir que substancias poden atravesar a membrana celular. Conversamos con Jesus Silva e Daniel Fernández de @qubio para coñecer IQ-Brain. Acabouse iso de analizar os escáneres cerebrais a ollo. Gaspar Broullón e David…

Read More

Entrevista a Francisco Mójica – descubridor do CRISPR – e a Anxo Vidal

O investigador do CIMUS Anxo Vidal é un feliz usuario da técnica de edición xenetica CRIPR-Cas9. O descubrimento do ano 2015 segundo Science. Francisco Mójica profesor da Universidade de Alicante foi o primeiro en identificar a secuencia CRISPR en procariotas. No seu momento as revistas como Nature o PNAS non aceptaron o seu paper. Actualmente…

Read More

Efer 338 (17-1-16): As ciencias adiantan que é unha barbaridade co CRISPR

Primeiro programa da novena tempada de Efervesciencia. Monográfico dedicado ao mellor da ciencia dos últimos meses con @deborahciencia @borjatosar @dabelbi @CesarGoldi e @AvoaEinstein. Risas e cantos nun programa irreproducible. Conversamos con Anxo Vidal do @cimususc e Francisco J. M. Mójica da Universidade de Alacante. As investigacións básicas en ADN de procariotas de Mójica desenvolveron un…

Read More

Avance Efer 338: Avoa, Galileo e os crispis

Iniciamos a 9ª tempada de Efervesciencia e chamamos directamente á Avoa de Einstein ao alén xusto cando se dispón a comer un churrasco …

Read More

Ciencia para andar por casa: Augas minero-medicinais

Bibiana García Visos explícanos como se determinan as augas minero-medicinais, como as do manancial de As Lombas de Catoira. Intervén Antonio Borrel director científico do Laboratorio Oliver Rodés.

Read More