O mundo cada día é máis pequeno. E non é unha frase feita. A última medida do planeta deu por resultado que o mundo é máis pequeno do que se coidaba. Exactamente 5 milímetros menos dun polo a outro. Obviamente, so un meticuloso equipo de investigación alemán podería realizar tal proeza xeodésica.
A medición exacta do diámetro da terra pode parecer un pasatempo científico. Pero non o é. Por exemplo sirve para calibrar os satélites altimétricos que miden as variacións no nivel do mar por efecto do cambio climático.
Recuperamos unha entrevista que lle fixemos a Joaquín Tintoré co gallo dunha conferencia que impartiu en Vigo. Tintoré é o director do IMEDEA, Instituto Mediterráneo de Estudos Avanzados, e experto en xestión integrada do litoral. Este prestixioso oceanógrafo físico aplica todo o coñecemento dispoñible para conxugar os intereses ambientais, sociais e económicos na xestión do litoral.

Pregunta do concurso: a que equivale un quilovatio hora?
a.- Unha costeleta de cucho de 300 gramos
b.- Unha cunca de chocolate de 200 g
c.- 200 g de xamón serrán.
d.- Un cubata de whisky.