Vénse de publicar o avance da III Enquisa Nacional sobre Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía encargado pola FCYT.
Malia unha superficial valoración positiva da ciencia por parte dos cidadáns, a enquisa desvela que nas cuestións prácticas e concretas o interese pola ciencia esfúmase.
A Ciencia e Tecnoloxía ocupan o posto 13 na lista de intereses dos españois. A primeira posición corresponde, por suposto, ó deporte. Os cidadáns tampouco consideran que se deba aumentar o gasto público en I+D. Os galegos somos ós menos “pro-científicos” de todo o Estado.
Chama a atención que os españois cren que os medios de comunicación non prestan unha atención suficiente a Ciencia. En concreto, un 48% dos enquisados coidan que na radio non hai suficientes contidos de ciencia, fronte a un 31% que opinan que si.
Que pensan ó respecto os oíntes de Efervesciencia?

Ricardo Gurriarán.
“Ciencia e Conciencia na Universidade de Santiago (1900-1949). Do influxo institucionalista e a JAE á depuración do profesorado” é o título da tese doutoral de Ricardo Gurriarán. A Universidade de Santiago ao comezo do século XX tiña todas as condicións para producir un premio Nobel en Ciencias: profesorado novo e innovador formado no estranxeiro, contactos coa elite científica internacional, medios, participación da muller,…
A Guerra Civil e a Ditadura abortan durante décadas o florecemento científico da Universidade de Santiago. Algúns dos profesores depurados atopan acubillo nunha empresa creada polos irmáns Fernández en 1939: Zeltia.