É posible saber anticipadamente con fiabilidade se a vindeira campaña de pesca do polbo en Galicia vai ser boa? Na recente defensa da súa tese doutoral Jaime Otero presentou un modelo que permite facer predicións analizando o patrón de ventos. Ao aplicar este modelo a series históricas conséguese explicar a produción do polbo nun 90% dos casos.
O pasado venres celebrouse en Santiago o I Encontro de Investigadores Parga Pondal e Ramón y Cajal de Galicia. Conversamos con Eddy Sotelo da Asociación de Investigadores Parga Pondal sobre as inquedanzas dos investigadores experimentados galegos.

No concurso coñecemos algo da vida e obra do xeólogo Isidro Parga Pondal a partir dunha anécdota: en homenaxe a Parga Pondal bautizouse unha bolboreta endémica da Serra do Xistral como erebia triaria pargapondalense.
