Segundo a revista PNAS os europeos adultos de hai 7000 anos non tiñan o xene que aporta tolerancia o leite. A cousa ten o seu miolo porque daquela xa se empregaba a gandería. Os poucos humanos que si podían asimilar o leite tiñan unha gran vantaxe selectiva. Estes reprodúcense mellor, de tal xeito que en pouco tempo a maioría da poboación pode tolerar o leite. Así, desbótase a idea de que home empeza a muxir o gando porque tolera o leite. Agora sábese que é ao contrario, o home empeza a ser tolerante ao leite porque moxe o gando.
Entrevistamos a Matilde Lombardero sobre as súas investigacións sobre a hipófise. Matilde é profesora contratado doutora no Departamento de Anatomía e Producción Animal da Facultade de Veterinaria na USC en Lugo.

Na sección aleatoria comezamos unha seria dedicado a un portentoso electrodoméstico: o frigorífico.