Programa 20 (4-3-07): V Xornadas de Novos Investigadores – Bilbao 07.

Todos pensamos que detrás do MP3 ou do GPS hai grandes avances tecnolóxicos. É certo. Pero non serían viables de non ser polas contribucións de Fourier (1768-1830). Grazas aos resultados deste físico e matemático francés é posible traballar con sinais dixitais de imaxe, son, video, datos… Sobre estas cuestións xirou o relatorio “MP3, GPS,…Fourier” que impartiu o matemático da Complutense José M. Martínez Ansemil no ciclo “Unha andaina pola matemáticas“.

Efervesciencia estivo nas “V Jornadas de Jóvenes Investigadores” organizadas pola Federación de Jóvenes Investigadores-Precarios en Bilbao. Conversamos con Raquel Portela, actual presidente da FJI, e con Xosé Afonso Álvarez, ex-presidente desta federación. Ámbolos dous galegos.

Xosé Afonso Álvarez.

Xosé Afonso Álvarez.

Aproveitamos a presenza de Xosé Afonso Álvarez nos estudos da Radio Galega para coñecer o que é a xeolingüística, e para formular a pregunta do concurso. Que animal recibe estes nomes en galego: luz do camiñante, olliño da noite e vella que alumea?

Lampyris noctiluca
Lampyris noctiluca (Fonte: Wikipedia)