Os resultados da ciencia non son democráticos. Na versión francesa do programa de televisión Quere ser millonario? preguntáronlle a un dos seus concursantes: Que e o que gravita ao redor da terra? O triste non é que Henri – o concursante – non o soubese. O esperpéntico foi que no comodín do público a maioria deste pensase que o sol da voltas ao redor da terra. Se Galileo levantase a cabeza…
[youtube]IhlERjW0bhw[/youtube]
Falamos sobre ornitoloxía con Serafín González Prieto, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural e director do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.
Por certo, descubrimos a relación que ten James Bond coa ornitoloxía.

Na sección aleatoria seguimos aprendendo cousas sobre os frigoríficos.