Todos coñecemos que os ratos non poden ver aos gatos. Ou mellor dito, non aturan o mexo de felino. Prodúcelles pánico. Grazas a esta habelencia innata, os ratos poden zafarse dun dos seus maiores depredadores. Pero cando os ratos se infectan dun parasito chamado Toxoplasma o que antes era medo convértese en atracción. Un auténtico lavado de cerebro. E claro, rato que gusta do mexo de gato, rato comido. O Toxoplasma pode volver así ás tripas dos gatos onde se reproduce a pracer. Moi hábil forasteiro. Toda está conspiración foi desvelada por científicos estadounidenses en PNAS.

Prevese que en 2007 o CERN, Centro Europeo de Investigación en Partículas, poña a funcionar o LHC, o Gran Colixionador de Hadróns. Con este colosal acelerador de partículas na contorna de Xenebra preténdese dar caza o esquivo bosón de Higgs. Quen o consiga probablemente cace tamén o Nobel. De seguro que hai moitas sorpresas esperando aos físicos.

Para falar de todo isto contamos coa presenza de Fernando Varela, físico experimental membro do cadro de persoal do CERN.

Fernando Varela
Fernando Varela.

Cantos aceleradores de partículas tes na túa casa? Esto é o que preguntamos na rúa. Fernando Varela explícanos porque case todos temos algún nas nosas casas.

No concurso coñecemos como se calcula cando cae o domingo de Pascua.

Programa 25