Unha innovación galega acadou a medalla de ouro e o premio ao mellor invento español concedido pola Oficina de Patentes e Marcas no Salón Internacional de Invencións de Xenebra celebrado en abril. Rafael Domínguez, da empresa Inelsa, cóntanos como o sistema Inneo, barato e de fácil implantación, pode salvar vidas nas estradas. Esta tecnoloxía foi desenvolvida en colaboración con investigadores do Centro de Enxeñería Mecánica e Automoción da Universidade de Vigo.
[wmv width=”320″ height=”240″]http://www.inelsa.com/sistemainneo/./videos/crashsin.wmv[/wmv]
Os vídeos das probas de colisión non deixan lugar a dúbida da efectividade de Inneo.
[wmv width=”320″ height=”240″]http://www.inelsa.com/sistemainneo/./videos/crash1.wmv[/wmv]
Conversamos co catedrático de Xeografía Física da USC Augusto Pérez Alberti sobre o único proxecto galego no Ano Polar Internacional, que se desenvolve en Tierra de Fuego, Arxentina. A investigación desenvólvese en terras vírxenes non exploradas polo home, onde destaca polo seu interese científico o estudo dos solos conxelados, ou pemafrost. Nesta zona subpolar atópanse evidencias do cambio climático, como pode ser a elevación da liña dos bosques.

Paisaxe da Terra de Fogo. Obsérvase moi clara a liña de vexetación (Fonte:Xeomorfoloxia.org)
Na sección aleatorioa contestamos á pregunta “teñen relación os partos coa lúa?” que propuxo un oínte, Daniel Calvo, que é bombeiro en Boiro. A resposta é negativa.