Esta semana celebrouse en Santiago o III Simposio Internacional da Federación Europea de Sociedades de Elementos Traza. Os elementos traza son sustancias esenciais para a vida que se atopan nos seres vivos en moi pequenas cantidades. Estes investigadores detectan concentracións da orde de miligramos por quilo, ou incluso máis baixas. Pilar Bermejo, catedrática de Química Analítica da Universidade de Santiago, organizadora deste congreso, adiántanos que o seu grupo de investigación ten desenvolvido un leite con selenio bioacumulable. En breve verémolo nas tendas.
Con Teresa Amado facemos unha viaxe pola Grecia Clásica e as súas achegas á historia da matemáticas. Amado é profesora de grego da USC.
Teresa Amado.
No concurso especulamos con que lle pasaría a unha persoa que viaxase no tempo e aterrase en Crotona en 480 ac, e se dedicase a divulgar o resultado da raíz cadrada de dous. Probablemente á seita dos pitagóricos non lles fixese ningunha graza…