Esta semana resolvéronse os premios nobel de medicina, física e química. Un dos colaboradores do nobel de física 2007, Albert Fert, é o galego Luís Hueso. Hueso explícanos en que consiste a magneto resistencia xigante e as súas aplicación nas memorias de almacenamento de datos: discos duros, reprodutores mp3…
Conversamos coa profesora Axudante Doutora da Universidade da Coruña Ana Belén Porto, especialista en Intelixencia Artificial. A Intelixencia Artificial é unha disciplina que pretende programar ordenadores para que “pensen” do mesmo xeito que os humanos. Porto crea mediante software redes de neuronas artificiais que resolven problemas de clasificación mediante procesos de “aprendizaxe”.

Ana Belén Porto nos estudios da Radio Galega na Coruña.
Ana Belén Porto tamén introduce nos seus programas o papel desenvolvido polo sistema glial. Segundo as últimas investigacións a glía non é un mero conxunto de células que lle dan sostén ó sistema nervioso, como se pensaba ata agora, senón que xogan unha importante función no pensamento “reflexivo”. As investigación de Porto amosan que os sistemas artificiais neurogliais funcionan mellor para determinados problemas que os tradicionais neuronais. De confirmarse, estes resultados serían un aval máis deste novo rol da glía.