Outros

Novo horario: Sábados ás 15 h

Encamiñamos o final da VIII tempada de Efevesciencia cun novo horario. Estaremos nas ondas da Radio Galega os sábados ás 15:05. A Avoa de Einstein nolo explica en 50 segundos, coidado cos elefantes! [audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/PROMO-EFERVESCIENCIA-HORARIO.mp3|titles=PROMO EFERVESCIENCIA HORARIO] Elefantes e novo horario  

Read More
http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/07/PROMO-EFERVESCIENCIA-HORARIO.mp3 1607424 audio/mpeg

Obradoiro Comunicar Ciencia na Radio

Volvemos co obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio» tras as boas valoracións das edicións anteriores. Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro sábado 11 de xullo no estudio 4 da Radio Galega en San Marcos. Os participantes poderán asistir a unha emisión en directo de Efervesciencia ás 15 horas…

Read More

Noite Efervescente en Forcarei

l Por terceiro ano volve a Noite Efervescente, unha festa da astronomía para todos. Nesta ocasión terá lugar lugar o venres 19 de xuño no Observatorio Astronómico de Forcarei. Todos os amigos de Efervesciencia estades convidados. Teremos observación do ceo, coñeceremos como funciona o observatorio e gravaremos unha edición especial do programa. A actividade comezará…

Read More
http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/Noite-efervescente-repor.mp3 9018773 audio/mpeg

Novo horario: Domingos ás 15 horas

Efervesciencia cambia as súas coordenadas temporais e salta na grella da Radio Galega aos domingos ás tres da tarde. Ata final de setembro continuamos emitindo o mellor da última tempada, e o domingo 28 de setembro estrearemos por todo o alto a nova tempada. Desde xa somos domingueiros!

Read More

Aberto por vacacións

Rematou a 7ª tempada de Efervesciencia na Radio Galega. A Avoa de Einstein preparou unha escolma co mellor da tempada que se emitirá todos os sábados de verán no horario habitual de Efervesciencia de 16 a 17 horas na Radio Galega. Como sempre podes escoitar todos os programa de Efervesciencia no noso podcast, feed e…

Read More

A gran Noite Efervescente nos Biocos

O vindeiro sábado día 19 de xullo a partir das 21:30 teremos unha espectacular observación astronómica para todos en Os Biocos na que participaran os nosos estreleiros. A gran Noite Efervescente  consistirá nunha velada de observación do ceo á que están convidados todos os amigos de Efervesciencia. Esta festa para gozar da astronomía celebrarase nun lugar privilexiado pola calidade…

Read More
http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Noite-efervescente14-planetario.mp3 13561938 audio/mpeg

Volve “Comunicar Ciencia na Radio”

Recuncamos co obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio” tras as boas valoracións das edicións anteriores. Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro sábado 12 de xullo no estudio 4 da Radio Galega en San Marcos. Descarga as bases e cartel. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon…

Read More

Volve a Noite Efervescente

O vindeiro sábado día 5 de abril ás 21:30 tes unha cita coa Noite Efervescente no parque de Santa Margarita en A Coruña. Poderás disfrutar dunha observación pública do ceo nocturno urbano cunha morea de amigos. Tras o éxito da edición da tempada pasada volve a Noite Efervescente (1 e 2). Noite Efervescente é un…

Read More
http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/04/previa-PLANETARIO-amipa-def.mp3 12273379 audio/mpeg

Comunicar ciencia na radio

Logo das experiencia exitosas dos anos pasados recuncamos co obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”. Pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… O obradoiro terá lugar o vindeiro sábado 6 de xullo no estudio 4 da Radio Galega en San Marcos. Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)radiogalega.es…

Read More

Confirmadas “Vestidas para a ocasión” e a “Noite Efervescente”

Grazas as boas previsións meteorolóxicas podemos confirmar que as actividades de divulgación programadas para esta semana manteñen emprazamento e horario, é dicir: – “Vestidas para a ocasión” o venres 14 ás 18:00 na Casota do Páramo na Serra do Barbanza en Boiro – “Noite efervescente” o sábado 15 a partir das 20:30 no alberque “Os…

Read More
http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/06/PREVIA-NOITE-EFERVESCENTE-def.mp3 7164830 audio/mpeg