Logo da experiencia exitosa o ano pasado recuncamos co obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”. Pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… O obradoiro terá lugar o vindeiro sábado 7 de xullo no estudio 4 da Radio Galega en San Marcos.
Consulta as bases aquí. Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia(pon aquí a arroba)radiogalega.es