Non é o coñecemento, senón o acto da aprendizaxe o que concede o maior goce
Gauss
Supoñamos que somos un consumidor concienciado francés e temos a opción no supermercado de mercar tomates autóctonos ou españois. Cales teñen menos impacto expresado en emisión de CO2? A resposta correcta pode ser sorprendente se temos en conta todos os factores implicados. A Análise de Ciclo de Vida estuda os impactos dun produto desde o berce ata tumba, desde a orixe das súas materias primas ata a súa eliminación, pasando pola súa elaboración e uso que del fan os consumidores. O enxeñeiro químico Gumersindo Feijoo do Grupo de Enxeñería Ambiental e Bioprocesos da USC leva anos aplicando esta metodoloxía. Feijoo contounos cal é a pegada de tomarse un par de cervexas vendo o fútbol, e exemplos propios de ecodeseño, como é unha caixa de botellas de viño convertible en niño de paxaros.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/Entre-Sindo-Feijoo.mp3|titles=Entre Sindo Feijoo]
Unha análise en marcha do Biogrupo ten que ver coa pegada ecolóxica dun litro de leite. Para coñecer a contribución á mesma do comportamento dos consumidores están a realizar unha enquisa a pe de máquinas expendedoras. Se queres colaborar podes participar aquí.
Unha das disciplinas que mais avanzou nos últimos anos é a xenética. Estamos entrando na nova era da medicina á carta da man da farmacoxenética e farmacoxenómica. A Domus ven de estrear novos módulos que introducen – como sempre dun xeito lúdico – aos visitantes nesta ciencia de fronteira. Estes novos módulos xorden da colaboración dos Museos Científicos Coruñeses co programa Diana da Fundación Barrié.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/micro-barrie-domus-def.mp3]
E tamén neste programa:
– A Guía do Ceo de febreiro-marzo
– “Uns pican e outros non” en Ciencia por Andar por Casa
Velaquí tes o programa 235 íntegro:
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/02/Efer-235-23-2-13.mp3]