O estudo profundo da natureza é a fonte mais fértil de descubrimentos matemáticos
Jean Baptiste Fourier
Acompáñanos Anibal Figueiras, catedrático da Universidade Carlos III no departamento de Teoría do Sinal e Telecomunicacións e membro da Real Academia de Enxeñaría. Co profesor Figueiras reflexionamos sobre a situación actual da Intelixencia Computacional, de cómo adestrar ás máquinas ou de se estas teñen sentimentos ou non. Na simbiose humano-máquina a nosa intelixencia e toma de decisións poden saír reforzadas.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/ENTRE-ANIBAL-FIGUEIRAS-def.mp3]
Cal pode ser o recorrido dunha moeda virtual descentralizada de calquera banco central que se crea mediante minaría virtual? O microsiervo Wicho explícanos de que van os “bitcoins”, os seus puntos fortes e os seus riscos.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/wicherias-bitcoin-def.mp3]
Completa o programa unha nova postal planetaria de Borja Tosar dedicada aos multiversos. Escoita e descarga aquí o programa íntegro:
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/Efer-241-13-3-13.mp3|titles=Efer 241 (13-3-13)]