Continuamente debemos aprender a desaprender moito do que temos aprendido, e a aprender a aprender o que non se nos ensinou
R. D. Laing
Transxénicos ou ecolóxicos, cal vai ser a alimentación do futuro? Sobre esta apaixoante pregunta conversamos con José Miguel Mulet, investigador do Instituto de Biología Molecular y Celular de Plantas do CSIC-UPV, e autor do blog de divulgación Los Productos Naturales
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/entre-mulet-def.mp3]
Descargar entrevista a J M Mulet
.
No noso programa Wicho ten licenza para falar do que lle pete, e nesta ocasión faise eco da preocupación da comunidade internauta ante os inminentes cambios na lexislación da propiedade intelectual: que pasará coas obras producidas nas universidades? e coa copia privada? son estes cambios compatibles co open acces que promove a Unión Europea?
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/WICHO-propiedade-intelectual-def.mp3]
Con Martín Paeley de correspondente visitamos en directo a 18 edición do Día da Ciencia na Rúa orgnizado na Coruña pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/Directo-Día-da-Cienicia-na-Rúa-2013.mp3]Directo Día daCiencia na Rúa 2013
.
É mais probable atropelar corzos un domingo de abril ao anoitecer. Eva Rodríguez, da axencia SINC, entrevista a Enrique Valero, director do grupo de investigación de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Vigo e participante nun estudo sobre accidentes de tráfico con fauna salvaxe.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/SINC-ATROPELOS-CORZOS-DEF.mp3]
.
E velaquí tes o programa íntegro:
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/05/Efer-243-4-5-13.mp3]