A química orgánica actual basta para tolear a calquera. Tense a impresión de estar ante un bosque tropical primitivo repleto dos seres mais singulares, unha monstruosa espesura sen posibilidade de escape e que inspira terror ó entrar

Friedrich Wöhler

Susana Ladra é doutora enxeñeira en informática e especialista en big data. Ven de gañar o premio Ada Byron do Colexio Profesional de Enxenaría Informática de Galicia.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/SUSANA-LADRA-def.mp3]

Entrevista a Susana Ladra

En ocasións fármacos moi eficaces eliminando células canceríxenas tamén son extremadamente tóxicos. Unha estratexia enseñosa é deseñar medicamentos que se administren ao doente nunha forma inocua, e que logo unha vez cheguen ao tumor se activen simplemente iluminando o tecido con luz.  Na sinstese deste tipo de substancias investigan no Departamento de Química da Universidade de Warwick no Reino Unido, onde grazas a unha bolsa Barrié traballa como investigadora de postdoutoramente  María Xosé Romero.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/entre-maria-xose-romero-def.mp3]

Entrevista a  María Xosé Romero

A constelación Humsat dará cobertura humanitaria á ONU a través da rede GENSO

Está previsto que no vindeiro novembro se poña en órbita o picosatélite Humsat-D desde o cosmódromo de Dombarovsky, preto da vila de Yasni en Rusia nun cohete Dnepr-1. O equipo da Universidade de Vigo creador deste satálite demostrativo xa ten os deberes feitos do que pode ser o primeiro artiluxio dunha constelación de satélites humanitarios. Este grupo de investigadores e alumnos coordinado por Fernando Aguado tamén son responsables do exitoso Xatcobeo, que por certo segue a orbitando a terra emitindo o seu asubío característico.

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/CONTA-ATRÁS-HUMSAT-DEF.mp3]

Conta atrás Humsat D

Complementa esta edición efervescente un novo experimento de David Ballestero, a contrución dun electróforo.

Velaquí o podcast íntegro do progrma:

[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2013/07/efer-251-29-6-13.mp3]

Efer 251 (29-6-13)