As nosas facultades están mais equipadas para recoñecer a marabillosa estrutura dun escaravello que a do Universo
Charles Darwin
Un dos mais recoñecidos blogueiros de ciencia é @ScientiaJMLN coa súa imprescindible bitácora Scientia. Tivemos a sorte de que José Manuel López Nicolás visitase os nosos estudios en San Marcos e coñecese á Avoa de Einstein. Con el parolamos un pouco de todo, sobre as súas investigacións en ciclodextrinas – JMNL é profesor titular da Universidade de Murcia e investigador no grupo Bioquímica e Biotecnoloxía Enzimática -, a divulgación na rede, o marketing pseudocientífico,…
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Entre-scientia-parte-1-def.mp3] [audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Entre-scientia-parte-2-def.mp3]A Real Academia Galega de Ciencias homenaxea este ano ao entomólogo Luis Iglesias, alma máter do Museo de Historia Natural da USC que leva o seu nome. Conversamos con Miguel Ángel Ríos, presidente da Academia, e con Manolo Bermejo, Catedrático de Química Inorgánica da USC encargado da semblanza de Luis Iglesias no acto académico do “Día do Científico Galego“.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Luis-Iglesias-MA-Rïos-def1.mp3]Luis Iglesias con Miguel Ángel Ríos
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Luis-Iglesias-Manolo-Bermejo-def.mp3]Luis Iglesias con Manolo Bermejo
No Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira falamos de teatro científico con Carmen Sigüenza organizadora das “Jornadas de Teatro y Ciencia de Mérida y Medellín”
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/Circo-de-bacterias_teatro-mérida_14-6-14.mp3]Circo de bacterias Teatro Mérida
E velaquí tes ao teu dispor o programa completo para escoitar, compartir, ou levar posto.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2014/07/efer-289-14-6-14.mp3]