Iluminar menos é iluminar mellor
Hai xusto 100 anos as noites de lúa chea a compañía de gas de Santiago de Compostela non encendía os farois. Así queda reflectido na novela “La Casa de la Troya“. Hoxe en día iluminamos de mais, irregularmente, a deshora e apuntando onde non debemos. Cunhas luminarias ben deseñadas podes ver perfectamente e loitar contra a contaminación lumínica. Conversamos con Fernando Jáuregui presidente de Cel Fosc, a Asociación contra a Contaminación Luminica.
Se tes unha foto dun farol ou luminoso contaminante manda un chio co hastag #iluminados.
Eclipsados
Martin Pawley e Borja Tosar dánnos as claves para ver a eclipse do 20 de marzo, que non o sol.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Entre-Fernando-Jauregui-e-eclipse-def.mp3]Entre Fernando Jauregui e eclipse
.
Intenta roubar un meteorito de 37 toneladas e di que pasaba por aí
O documental “El color que cayó del cielo” de Sergio Wolf conta a historia de “El Campo del Cielo”, unha rexión do Chaco arxentino onde hai 4000 anos impactou unha chuvia de meteoritos. Wolf construye un relato de fascinación por estas rochas extraterrestres onde se contrapoñen o estudoso Willian Cassidy e maior traficante de meteoritos, Robert Haag.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Entre-Sergio-Wolf-Campo-del-Cielo-def.mp3].
Cando un deixa de ser curioso empeza a morrer
“La habitación de Fermat” é unha intriga matemática que levaron ao cine Rodrigo Sopeña e Luis Piedrahita. Con esta escusa descubrimos as inquedanzas científicas do mago, humorista e moitas couas mais, Luis Piedrahita.
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Entre-piedrahita-def.mp3]
.
Este é o programa completo para escoitar, coleccionar, compartir, agasallar, descargar,…
[audio:http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2015/03/Efer-319-15-3-15.mp3]