Todos os episodios

  • Todos
  • Fragmentos
  • Programa completo
  • Versión estendida

Efer 706 (10-4-25): O radon espreita nos centros de traballo

(2:13) A nosa sexóloga e xornalista Laura Veiga explícanos se é posible adiantar a regra. (14:45) A exposición “Menssana” achega a saúde mental aos adolescentes. Conversamos con Patricia Barciela, directora da Domus dos Museos Científicos Coruñeses. (30:20) Efeméride do 10 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez (31:52) Lucía Martín é...

Play Episode

Postcrecemento e innovación con Mario Pansera [Versión estendida]

[Versión estendida] Mario Pansera é investigador Oportunius da Xunta de Galicia e dirixe en Pontevedra o laboratorio Innovación e Postcrecemento da Universidade de Vigo, así como o proxecto PROSPRERA, financiado cunha Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC). A súa investigación céntrase en como promover a innovación nun contexto de postcrecemento, o movemento R2R...

Play Episode

Fenda na materia escura con Antón Baleato Lizarcos [Versión estendida]

[Versión estendida] Os datos liberados hoxe pola colaboración DESI (Dark Energy Spectroscopic Instrument) no encontro anual da American Physical Society apuntan a que a enerxía escura non é unha constante, senón que vai devalando na historia do universo. Isto podería rachar co actual modelo estándar cosmolóxico Lambda CDM. Nolo debulla o investigador da Universidade de...

Play Episode

Efer 705 (4-4-25): Dereito a reparar, transición xusta e postrecrecemento

(5:55) Navegamos na Bitácora do Beagle con Julio Rodríguez, quen nos explica tres artigos científicos que estudan os nexos entre a saúde e o contexto social no relativo á falta de relacións sociais, a depresión e o envellecemento. (23:04) Efeméride do 3 de abril do Calendario da Historia da Ciencia de Ramón Núñez (24:45) Mario...

Play Episode

Efer 704 (27-3-25): Origamis de ADN

(2:00) Enoloxía e turismo científico con Maite Vence(6:29) Solución a onde está Moncho Núñez(8:27) Visitamos o CIMUS para coñecer as investigacións de Beatriz Pelaz, investigadora Oportunius do CIQUS onde desenvolve ferramentas bio-nano, como por exemplo os origamis de ADN, para desenvolver terapias controladas externamente mediante luz ou campos magnéticos.(40:35) Efeméride do Calendario da Historia da...

Play Episode

Efer 703 (20-3-24): Unha fenda na Enerxía Escura

(0:24) Non está documentado que Einstein dixera que a introdución do termo cosmolóxico fora a maior metida de zoca da súa vida. Pero a súa constante cosmolóxica é, ata o de agora, unha chave de bóveda do que sabemos do universo. (6:11) O noso ornitólogo Nacho Munilla explícanos o papel recentemente descuberto da biofluorescencia das...

Play Episode

Como se moven as pedras da costa con Alejandro Gómez Pazo [Versión estendida]

[Versión estendida] Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. TaméndDramatizamos o relato “Pedra, area, balea” de Noelia Rodríguez que gañou a XIII edición do concurso Inspiraciencia, convocado pola delegación do CSIC en Cataluña, na categoría de textos en galego.

Play Episode

Efer 702 (13-3-25): Pedra, area, balea

(0:21) Einstein pasou de esguello por Galicia hai 100 anos. (4:39) Wicho deixa en evidencia os bulos sobre astronautas abandonados na Estación Espacial Internacional. (13:37) Alejandro Gómez Pazo, xeógrafo e profesor axudante doutor na Universidade de León, estuda a dinámica das pedras costeiras. (24:24) Dramatizamos o relato “Pedra, area, balea” de Noelia Rodríguez que gañou...

Play Episode

Efer 701 (6-3-25): O Calendario da Historia da Ciencia

(2:00) Moncho Núñez está nun lugar secreto. (4:24) Julio Rodríguez cóntanos na súa “Bitácora do Beagle” como a terapia xénica abre vías de curación de cegueiras causadas por retinoses pigmentarias. (18:34) Moncho Núñez preséntanos o seu libro “O Calendario da Historia da Ciencia” (41:43) Cantos tipos diferentes de fluídos hai nunha vaxina? Ten a resposta...

Play Episode

Efer 700 (27-2-25): Sons para estudar os fondos costeiros

(2:04) A empresa porriñesa Biofabri do grupo Zendal é a fabricante en exclusiva da única vacina contra a tuberculose pulmonar, a MTBVAC, e impulsora dos seus ensaios clínicos. Veñen de anunciar o inicio dun novo ensaio clínico de fase 2b desta vacina, neste caso con adolescentes e adultos. Conversamos co CEO de Biofabri, Esteban Rodríguez....

Play Episode

Efer 699 (20-2-25): A febre do ouro das sambesugas

(0:25) Descobren que os ratos axudan aos seus conxéneres cando perden o coñecemento practicando unha especie de RCP. (5:33) A xornalista e sexóloga Laura Veiga fálanos dos libros de autoaxuda menstrual. (17:15) Damián Copena, do Grupo de investigación en Estudios de Historia Empresarial e sectorial da Pesca, Industria e Comercio (GESPIC) da USC, publicou xunto...

Play Episode

Efer 698 (13-2-24): A trampa do amor con Luis Muiño

(2:17) Luis Muiño fálanos desde un lugar secreto na nosa sección “Un libro, un autor, un lugar” (6:12) Bibiana García Visos explícanos cal é a infraestrutura que permite que teñamos auga da billa nas nosas casas. (15:34) Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro “A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor...

Play Episode

Efer 697 (6-2-25): Radiografía do populismo científico en España

(2:23) Estíbaliz Espinosa explora a ciencia e a poesía dos asteroides, dende o asteroide Bennu e as súas mostras de aminoácidos ata o asteroide 2024 YR4 e o protocolo de seguridade planetaria da ONU. (19:43) Maite Vence tráenos rutas Observer para ver paxaros. (25:50) Celia Diaz, socióloga do Grupo Trans Soc da Universidade Complutense de...

Play Episode

Efer 696 (30-1-25): Bioplásticos sostibles para textil, envases e calzado

(3:14) Os mellores ceos do mundo para a observación astronómica están en perigo. Os observatorios do deserto de Atacama están a piques de quedar cegos. Conversamos con Pedro Sanhueza, experto en contaminación luminosa, consultor independente e ex-xefe da Oficina de Calidade do Ceo do Norte de Chile. (18:04) O proxecto europeo “Waste2Biocomp” emprega bacterias alimentadas...

Play Episode

Guía do Ceo de Inverno 24: Eclipses

Guía do Ceo de Inverno con Xabier Pérez Couto, @astroxabi. Conversamos sobre ananas brancas, os planetas visibles estes días, a eclipse lunar do venres 15 de marzo e a eclipse solar do 29 de marzo.

Play Episode

Efer 695 (23-1-25): Entender o TDAH

(2:46) Hai relación entre a dor menstrual e a incomodidade co teu corpo? Usar o sostén fai que caian os peitos? A nosa sexóloga de cabeceira é Laura Veiga. (10:43) Rutas polos nosos dolmens con Maite Vente de Observer, Turismo Cientifico. (15:12) Solución de “Onde está Conchi Lillo?” (18:56) A día de hoxe o Trastorno...

Play Episode

A trampa do amor con Luis Muiño [Versión estendida]

Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro “A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san”

Play Episode

Efer 694 (9-1-25): Psicomitos

[4:54] En “Cambio de fase” Daniel Pizarro reseña a banda deseñada Logicómix. [21:44] Fátima Garcia Doval vén de publicar “Psicomitos”

Play Episode

Efer 693 (2-1-25): Piano Bar Sesión 2

Segunda parte da sesión Efer Piano Bar gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi.

Play Episode

Efer 692 (1-1-25): Piano Bar Sesión 1 (Versión estendida)

[Versión estendida] Efer Piano Bar Sesión 1 gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. Eva Poveda, directora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur,...

Play Episode

Efer 691 (26-12-24): Desde o AstroGalicia, cazadores dos raios cósmicos máis enerxéticos

Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa. (1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial...

Play Episode

Efer 690 (25-12-24): Os nomes dos paxaros

(1:50) A Real Academia Galega publica os nomes oficiais de 600 especies de aves. Este é o resultado de anos de traballo entre terminólogos e ornitólogos. Conversamos con Manuel González, director do dicionario da RAG, e os ornitólogos Cosme Damián Romai e Xosé Manuel Penas Patiño. (31:15) Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as...

Play Episode

Efer 689 (12-12-24): Abre os ollos

(3:34) Conchi Lillo fálanos desde un lugar secreto na nosa sección “Un libro, un autor, un lugar” (5:48) Repasamos a actualidade aeroespacial con Wicho. (21:48) Conversamos coa neurocientífica Conchi Lillo sobre mitos relacionados coa visión ao fío do seu libro “Abre os ollos”

Play Episode

Efer 688 (28-11-24): Arqueoloxía dos puticlubs

(2:56) Os orgasmos alivian a dor menstrual? Explícanolo Laura Veiga. (16:02) Asistimos ao IV Encontro Oportunius e conversamos con Carmen Cotela (directora de GAIN) e o investigador do CIQUS Manuel Souto. (26:23) Xurxo Ayán e Carlos Otero estudan desde a arqueoloxía os prostíbulos abandonados de Galicia. Os restos materiais cóntannos historias de explotación que poñen...

Play Episode

Pseudoterapias con Rosa Arroyo [Versión estendida]

Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.

Play Episode

Efer 687 (21-11-24): As aventuras de Rodríguez e dous franceses [Radioteatro no Colón]

Programa especial desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro “As aventuras de José Rodríguez e dous franceses” en directo coas voces de Avelino González, Caxoto, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Xabier Pérez Couto. (44:48) Conversamos con David Ballesteros e Quantum...

Play Episode

A ecuación do “imprevisible” movemento gatuno

Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.

Play Episode

Efer 686 (14-11-24): Enerxía nuclear con @operadornuclear

(3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia (9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para...

Play Episode

Enerxía nuclear con @operadornuclear [Versión estendida]

[Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro...

Play Episode

O ordenador cuántico do CESGA desvela o “sabor” de frescor

Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de “Hijos de Rivera”, e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.

Play Episode

Regalamos 100 entradas de balde ao “Coruña Comunica Ciencia”

Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,… Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A...

Play Episode

Onde está Briones? Gaña un exemplar asinado de “A bordo da túa curiosidade”

Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de “A bordo de tu curiosidade”. Hai pistas na conversa, no podcast e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00.

Play Episode

Efer 685 (17-10-24): A bordo da túa curiosidade

(3:25) Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de “A bordo de tu curiosidade”. Hai pistas na conversa e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00. (5:07) Susana Ladra debullamos o...

Play Episode

Efer 684 (10-10-24): Nove anos de ondas gravitacionais, con Alicia Sintes

(2:37) A astronomía de ondas gravitacionais só ten 9 anos, pero está abrindo unha nova fiestra ao coñecemento do universo. Conversamos con Alicia Sintes, da Universitat de les Illes Balears e membro da colaboración científica LIGO. (16:03) O proxecto de ciencia cidadá “Cycling with clean air” monitoriza, empregando traxectos en bicicleta de voluntarios, a calidade...

Play Episode

Efer 683 (3-10-24): O escorpión mariño de dous metros da Fonsagrada

(2:39) Relatamos a fascinante historia de como uns nódulos, descubertos por casualidade entre a lousa durante a construción de pistas en Forcarei, espertaron a curiosidade dun médico e dun profesor de instituto. Case 20 anos despois, no marco das XXXIX Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía, reveláronse os resultados do estudo dos fósiles contidos nesas...

Play Episode

Efer 682 (19-9-24): Gripe aviar na Antártida e outas historias do Congreso Nacional de Viroloxía

(0:20) Levamos décadas acurralando á polio. O método para erradicar da terra esta terrible enfermidade enfróntase a un perverso dilema. Pero ningunha opción é valida coas guerras actuais. (4:56) Infiltrámonos no XVII Congreso Nacional de Viroloxía que tivo lugar en Santiago a principios de mes. Alí coñecemos en conversa con Antonio Alcamí (CBM-CSIC) que a...

Play Episode

Historias do Ébola [Historias de virus]

O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola e como acabou investigando esta doenza.l

Play Episode

“Adeus ao factor de impacto” con Isidro Aguillo [Versión estendida]

[Versión estendida] A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isidro...

Play Episode

Efer 681 (12-9-24): A revolución de avaliar a ciencia con ciencia

(2:46) O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola (30:38) A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a...

Play Episode

Efer 680 (5-9-24): O ensino da xeoloxía desde o Xeoparque Montañas do Courel

Achegámonos ao Museo Etnográfico de Quiroga para coñecer o Xeoparque Montañas do Courel ao fío do XXII Simposio de Ensino da Xeoloxía organizado pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, AEPECT. (2:39) Conversamos co coordinador do equipo organizador do simposio, Eloy Cabarcos, coas profesoras de xeoloxía Ana Bueno e Natalia Fernández, e...

Play Episode