Todos os episodios

  • Todos
  • Fragmentos
  • Programa completo
  • Versión estendida

As mareas vermellas chegan a gran pantalla

Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental “Mareas Vermellas” que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez.

Play Episode

Estudan as cidades de bacterias que tes na boca

Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo “in sito” instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía...

Play Episode

O necrobioma resolve asasinatos [Circo de bacterias]

Cando morremos ponse en marcha un reloxo bacteriano que agora sabemos interpretar. Circo de Bacterias especial Samaín con Esteban Fernández Moreira.

Play Episode

Efer 370 (6-11-16): Pódese previr o alzheimer?

Jordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden...

Play Episode

Innovador encapsulante de vidro de seguridade “made in Galicia”

O premio de transferencia de tecnoloxía 2016 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de pemes recaeu en EVASA. Esta empresa fornece a mais de 20 países o polímero que se atopa entre os laminados dos cristais de seguridade. Conversamos con José María González Pardo, conselleiro delegado EVASA.

Play Episode

A invención do cristal de seguridade [radioteatro]

Recreamos o descubrimento do cristal laminado de seguridade por Édouard Bénédictus en 1903

Play Episode

Detección de quorom contra placa dental

O boicot da comunicación entre as bacterias é unha estratexia novidosa contra a placa dental. A microbióloga da USC Ana Otero coordina un proxecto multidisciplinar que explora esta vía, e que vén de recibir o premio 2016 de transferencia de tecnoloxía para grupos de investigación da Real Academia de Ciencias.

Play Episode

Efer 369 (30-10-16): Por que nos sigue fascinando Verne?

“Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade” O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un “verniano” ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de “20000 leguas debaixo do mar”, a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo. Tendemos a asociar ás mareas vermellas...

Play Episode

Axenda 368: Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world

Na nosa axenda semanal destacamos o encontro “Crebeiros do mundo” que terá lugar no Ceida o 29 e 30 de outubro no CEIDA. Con Isabel García de RetoqueRetro.

Play Episode

A enxeñeira de sistemas do telescopio James Webb

Desde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb, chamado a ser o substituto do Hubble.

Play Episode

Osos polares, formigas e nenos con Alba Aguión

Visítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016. Coñecemos as súas investigacións e aventuras nas illas Svalbard e a importancia de comunicar ciencia aos mais pequenos.

Play Episode

Efer 368 (23-10-16): As cigarras son traballadoras

Visítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016. Desde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb. Viaxamos ao Paris de 1903 para coñecer como o vidro de seguridade tivo a súa orixe nunha...

Play Episode

Efer 367 (16-10-16): A maxia da Noite Efervescente no observatorio de Cotobade convertida en radio

Por cuarto ano os de Efervesciencia xunto cos nosos estreleiros argallamos unha noite de observación pública do ceo para todos. Acollidos pola Agrupación Sirio xuntámonos mais de 60 persoas no observatorio astronómico de Cotobade. Ademais de Sirio acompañáronnos os amigos da Agrupación IO e as asociacións Amipa da Comarca do Sar e Chamorro de Narón...

Play Episode

Cédric Villani e a arte das matemáticas

As matemáticas son arte de dar o mesmo nome a cousas diferentes. Coñecemos as declaracións do matemático Cédric Villani na súa visita a Compostela no programa Conciencia, xunto con apuntamentos de Jorge Mira.

Play Episode

O oso cavernario sempre volve á cova materna

Con Eva Rodríguez de SINC conversamos con Gloria Fernández Fortes da Universidade de Ferrara. A súas investigacións xenéticas veñen de descubrir a fidelidade dos extintos osos cavernarios ás súas covas natais.

Play Episode

Illantes topolóxicos con Joaquín Rossier #nobel16

Certos estados da materia conducen a electricidade non en función da súa estrutura ou composición senón a súas propiedades matemáticas como o número de buratos que presentan. Joaquín Fernández Rossier, director do proxecto de “Spintrónica do Grafeno” do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL), preséntanos o nóbel de física que se lle concedeu a Thouless, Haldane...

Play Episode

Máquinas moleculares con Rosa Pedrido #nobel16

A nosa colaboradora e profesora de química da USC Rosa Pedrido debúllanos o premio nobel de química 2016 concedido a Stoddart, Sauvage e Feringa polo desenvolvemento das máquinas moleculares.

Play Episode

Autofaxia con Ana Mª Cuervo #nobel16

Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. Ela explícanos o nobel concedido a Yoshinori Ohsumi.

Play Episode

Efer 366 (9-10-16): Tres nóbeles e unha medalla Fields

Debullamos os nóbeles de ciencia 2016 cos mellores especialistas: – Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. – Joaquín Fernández Rossier dirixe o proxecto de “Spintrónica do Grafeno” do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL) – A nosa colaboradora Rosa Pedrido, profesora de química...

Play Episode

Noite Efervescente e Astrogalicia 2016

Presentamos a Noite Efervescente e o Astrogalicia 2016, dúas actividades de astronomía para todos que han ter lugar no observatorio astronómico de Cotobade da agrupación Sirio e no Náutico de Castrelo de Miño. Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica...

Play Episode

Efer 365 (2-10-16): A que distancia están as estrelas?

Está ben medida a distancia tradicional ás Pleaides? Que datos achega a misión Gaia? A astrófisica da UdC Minia Manteiga explícanos por que coñecer a distancia as estrelas máis próximas é imprescindible para todas ás áreas da astronomía. Agustín Agra gañou o último Inspiraciencia co relato “Déjà vu” que dramatiza maxistralmente César Goldi. Lluis Montoliu...

Play Episode

Quen era Julio Palacios?

A curiosidade non matou o gato,senón que sen curiosidade atrofiamos un chisco a nosa mente. Curiosidade como a que tivo o investigador do Instituto de Quimica-Física Rocasolano do CSIC, Josep Mª Oliva cando se dedicou a revisalos números da revista Alemá Annalen der Physik do ano 1926 cando Schrodinguer, o do gato, publicou a fórmula...

Play Episode

Helfgott, o matemático que deixou o campo base

O matemático Harald Helfgott resolveu a conxetura feble de Goldbach que levaba aberta desde 1742. Agora xa é un teorema que di que todos os números impares pódense expresar por suma de tres números primos. Conversamos con Helfgott no reitorado da UDC en Coruña no I Simposio Julio Palacios.

Play Episode

Ordenadores cuánticos con Ignacio Cirac

O ordenador cuántico non existe. Aínda. Pero o día que se consiga crear, os códigos criptográficos actuais, entre eles o da túa tarxeta de crédito, quedarán obsoletos. Na teoría sabemos como se podería construír unha desas máquinas – capaz de resolver problemas que se lle quedan grandes aos superordenadores actuais – pero na práctica os...

Play Episode

Palabras pentavogálicas [A chave de cristal]

Que é A Chave de Cristal? Entre outras cousas unha nova sección efervescente na que imos presentarvos enredos e adiviñas para facer pensar. Xosé Luis Veiga Goy é o mestre de cerimonias e nos deixa un reto para ir quentando neuronas apto para pequenos e grandes: Envíanos as túas frases con palabras pentavogálicas ás nosas...

Play Episode

Concurso de Tuinguels

Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta na nosa melodía #tuinguel Conversamos co compositor Manuel Riveiro e co director do coro Encaixe Manuel Abraldes que serán os encargados de converter os textos gañadores en auténticos jingles musicais. Prazo ata as 24 horas do 12 de outubro de 2016....

Play Episode

Efer 364 (25-9-16): Palacios, Cirac e Helfgott

Este verán celebrouse na Universidade de A Coruña o primeiro simposio internacional Julio Palacios. E ata alí levamos os nosos micros para conversar con mentes brillantes como o especialista en computación cuántica Ignacio Cirac ou o matemático Harald Helfgott que resolveu unha conxetura que levaba aberta desde 1742. Ademais tamén poremos a proba a vosa...

Play Episode

O encrucillado da avoa [Promo verán 16]

2 horizontal: Estado de grande excitación ou inquietude, de emoción viva, en que se atopa unha colectividade. Sabías que en verán temos sesión dobre efervescente na @radiogalega os sábados e domingos ás 15 h co mellorciño da tempada?

Play Episode

Efer 363 (10-6-16): Astronomía para gozar este verán

Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016. Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín...

Play Episode

6 suxestións astronómicas para este verán [Guía do Ceo]

Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016.

Play Episode

Corbi Foundation con Luis Martínez

O mecenado non é algo exclusivo das artes. Tamén na ciencias existen institucións privadas que fan achegas importantes ao mundo da investigación, como por exemplo a fundación Melisa e Bil Gates, ou mais preto de nós a Fundación Pascual Maragall. No MUNCYT da Coruña conversamos co neurocientífico Luís Martínez que é un dos impulsores de...

Play Episode

De campaña co Oceanográfico da Coruña

Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia.

Play Episode

Xenomas sincronizados para envellecer ben

Ana Latorre Pellicer – investigadora do grupo de medicina xenómica da USC – é a primeira asinante dun artigo que se ven de publicar esta semana en Nature. Neste traballo dan conta da importancia da “sincronización” entre os dous xenomas que portamos nas nosas células – o nuclear e o mitocondrial -cara a un mellor...

Play Episode

Efer 331 (7-6-15): Biocerámicas de dentes de tiburón e outras historias de biomateriais

Emprendemos unha viaxe fascinante desde os primeiros implantes dentais nos inicios da nosa época, ata os biomateriais de 3ª xeración que nos achegan á medicina rexenerativa da man da Rede Galega de Biomateriais.

Play Episode

Xuvenciencia en AMS Labs

En AMS Labs realizan todo tipo de ensaios na roupa que vestimos para que chegue a nós sen fraudes, cumprindo a lexislación e as medidas de seguridade e saúde.

Play Episode

Xuvenciencia en Xenética Fontao

Acompañamos á rapazada de Xuvenciencia na súa visita á empresa pública Xenética Fontao, de onde parten a maior parte das doses seminais de vacún que se venden en Galicia.

Play Episode

Efer 362 (3-8-16): Especial Xuvenciencia

Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia ao Campus Científico de Verán Xuvenciencia en Lugo. Compartimos aventuras coa rapazada participante e visitamos con eles desde unha operación nun quirófano ata a selección de seme vacún en Xenética Fontao pasando por unha análise de calidade textil de AMS Lab.

Play Episode

Juno xa está as portas de xúpiter con @wicho

Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.

Play Episode

Invento para ver ben polo telescopio

Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC.

Play Episode

Kit de argumentación con Blanca Puig e Christian Plantin

Podemos vivir nun mundo sen abellas? Este un dos casos que propón ao alumnado Blanca Puig para ensinar a argumentar cientificamente na aula. Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e con Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2 e especialista en argumentación.

Play Episode