- Todos
- Fragmentos
- Programa completo
- Versión estendida
Polbos, espectadores vulnerables nas Cíes
O documental “Un espectador vulnerable” recolle o traballo de estudo e protección dos polbos realizado no proxecto “Cefaparques”. Documentase con imaxes por primeira vez casos de canibalismo en Octupus Vulgaris na natureza. No ámbito de protección defende a necesidade de crear zonas de reserva para a conservación deste e outros cefalópodos. Conversamos con Ángel Guerra,...
Criptografía para comparar listaxes de pasaxeiros
É posible saber se un pasaxeiro sospeitoso vai voar en avión sen desvelar a listaxe de pasaxeiros? Si. Aplicando tecnoloxías criptográficas Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, vén de desenvolver unha ferramenta para compartir listaxes de pasaxeiros sen violar a privacidade dos mesmos.
Innovando: H2 Hydroponics
Na ISS cultívanse leitugas mediante hidroponía. En Galicia temos empresas como H2 Hydroponics.
Parola con Xurxo Mariño e Iolanda Casal sobre a divulgación galega
Dámoslle un repaso de arriba a abaixo a divulgación científica en Galicia da man do neurocientífico Xurxo Mariño e a xornalista Iolanda Casal, poñentes do último informe do Consello da Cultura Galega, que precisamente se dedicou a este tema.
Efer 352 (24-4-16): Radiografía á divulgación galega
Neste programa íntegro facémoslle unha radiografía á divulgación científica en Galicia da man de Xurxo Mariño e Iolanda Casal, coñecemos o proxecto de conservación de cefalópodos Cefaparques, explicamos como se pode garantir a privacidade e seguridade dos pasaxeiros dos avións e ao tempo compartir listas de sospeitosos de terrorismo, e presentamos a unha empresa pioneira...
Adianto “A Divulgación da Ciencia en Galicia”
Xurxo Mariño convida aos oíntes de Efervesciencia á presentación do informe “A Divulgación da Ciencia en Galicia” no Consello da Cultura Galega
Premios de transferencia de tecnoloxía da RAGC
O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, preséntanos os II Premios de Transferencia de Tecnología en Galicia.
Epixenética con Roberto Agis
A epixenética é a ponte que une a xenética co medio. Por exemplo, só cunha dieta diferente actívanse 500 xenes nas abellas que acaban diferenciando ás raíñas das obreiras. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.
Efer 351 (17-4-16): Un post-it sobre o xenoma
Imaxinemos que lle damos a dúas persoas un mecano xunto coas súas instrucións. Nun dos manuais introducimos aleatoriamente post-it que non deixan ler parte do texto. Probablemente os resultados finais sexan diferentes aínda que partindo das mesmas instrucións. Dun xeito similar funciona a epixenética. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto...
Emmy Noether en “Entrevisas no alén”
Esta tarde en Efervesciencia contaremos coa raíña das simetrías, porque este é o único programa do mundo mundial que conta con liña directa co alén onde moran as mentes mais privilexiadas da historia mentres os seus corpos crían malvas dous metros baixo terra. Da nosa convidada dixo Albert Einstein que foi o mais significativo dos...
Guia do ceo abril 16: Novidades en contaminación luminosa
Retomamos a nosa Guía do Ceo cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley. Deste volta abordamos as novidades sobre contaminación luminosa en Galicia dos últimos meses
A orixe da vida con Carlos Briones
“Hai unha diferenza de 2500 millóns de anos entre a aparición da vida e a da morte na terra” Carlos Briones Conversamos en profundidade con bioquímico Carlos Briones (Centro de Astrobioloxía INTA-CSIC) sobre a orixe da vida ao fío do seu libro “Orígenes: el universo, la vida, los humanos” coescrito con José Mª Bermúdez de...
O cabo Ortegal está niquelado
A contorna do cabo Ortegal presenta altos niveis naturais de niquel e cromo segundo os estudos do grupo de Bioxeoquímica Mariña do IIM-CSIC. Ricardo Prego cóntanos como este coñecemento pode axudar á xestión ambeintal e sanitaria.
Efer 350 (10-4-16): Na busca da orixe da vida
As últimas teorías sobre a orixe da vida apuntan a que puido ter lugar nunha especie de “lasaña” prebiótica. Conversamos a fondo co bioquímico Carlos Briones do INTA-CSIC sobre a orixe da vida no noso planeta. Ricardo Prego é bioxeoquímico do IIM-CSIC. O seu equipo ven de analizar os metais pesados na contorna do cabo...
‘Contar a ciencia’ por GCiencia
Pablo López de GCiencia, o portal galego da Ciencia, fálanos do concurso de xornalismo científico “Contar a Ciencia”. Esta terceira edición foi presentada cunha aula aberta do xenetista Ángel Carraceda na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.
Sexo dos peixes e xenoma do rodaballo con Paulino Martínez e Antonio Figueras
O sexo dos peixes é infinitamente máis interesante e complicado ca o dos anxos. Conversamos con Paulino Martínez Portela, catedrático de xenética da facultade de veterinaria da USC e coordinador do Grupo Acuigen, xenética para a acuicultura e para conservación de recursos biolóxicos. Acuigen xunto co Centro Nacional de Análise Xenética de Barcelona, e o...
Avance da primeira Regueifa Científica: transxénicos
Regueifas de Ciencia son debates intelixentes sobre temas apaixonantes. A USC apadriña este novo formato de divulgación inspirado nos debates estilo Oxford. Dous poñentes por cada bando e un tema polémico. Con votación e preguntas do público en directo A primeira Regueifa versará sobre: Son os transxénicos unha opción valida? Avance con J. M. Mulet,...
Wicherías: ExoMars, Naukas Coruña e Nativos Dixitais
Efer 349 (3-4-16): O peixe cubista desvela o seu xenoma
Se hai un animal picassiano por excelencia, ese é o rodaballo. Este peixe é plano, vive camuflado nos fondos mariños e ten os dous ollos situados na cara que apunta á superficie. Os equipos de Paulino Martínez (USC) e Antonio Figueras (IIM-CSIC) veñen de secuenciar o xenoma do rodaballo, un peixe cuxos misterios xa obrigaron...
Efer 348 (27-03-15): Unha mirada á escuridade
“Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros” Philip K. Dick Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan. “O perigo das mascotas nas illas” é a...
Solución #ondeestáMira
Agora si Portugal: Centro Ciencia Viva de Guimarães
“Curtir a ciencia” e o lema do novo centro interactivo de ciencia de Guimarães. Con Silvio Mendes da Asociación “Viver a Ciência” facemos unha achega rápida a cultura científica en Portugal.
Efer 347 (20-3-16): Formigóns armados
“A veracidade dos materiais de construción: formigón, ladrillos e pedra manterase en tódolos edificios construídos ou por construír” Le Corbusier Con Manuel Herrador do Grupo de Investigación en Construción da Universidade de A Coruña falamos sobre a historia do formigón armado. Emilio Molina denuncia o perigo das pseudoterapias que sosteñen que toda enfermidade se cura...
A dendroarqueóloga Marta Domínguez Delmás
A dendrocronoloxía é algo mais que contar aneis nas árbores. A dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás estuda a orixe e datación de restos arqueolóxicos de madeira empregando técnicas dendrocronolóxicas. Esta investigadora participa na acción Marie Sklodowska-Curie ForSeaDiscovery que pescuda o uso da madeira nos imperios ibéricos na época dos descubrimentos. Por outro lado Marta...
Rodeados de resortes [Ciencia para andar por casa]
Bibiana García Visos axúdanos a coñecer a ciencia que hai nas nosas casas. Vos decatastes que estamos rodeados de resortes?
Aberto o concurso de relatos “Ciencia que Conta 16”
O Concurso de relatos inspirados na ciencia “Ciencia que conta” chega a súa 8ª edición. Prepara lápis e papel para participar. Hai categorías de escolares e de público xeral. Os finalistas verán as súas obras en papel. Ademais os de Efervesciencia faremos as nosas recreacións radiofónicas dos relatos gañadores. Prazo aberto durante o mes de...
Solución #ondeestáDeborah
Resolvemos o misterio de “Onde está Deborah” e sorteamos un exemplar de “Todo es cuestión de química”
‘¿A que altura está o ceo?’ con Jorge Mira
Jorge Mira presenta en Efervesciencia o seu segundo libro “¿A que altura está o ceo?”. A conversa facémola desde un desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáMira? ou cólgaa no noso facebook...
Efer 346 (13-3-16): Dendroarqueoloxía
Nesta edición efervescente coñeceremos á dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás. Os aneis das árbores proporcionan unha información valiosa que pode servir desde para saber como se forxaron os imperios navais español e portugués ata pra coñecer indirectamente a influencia das manchas solares na frecuencia de furacáns tropicais. Con Bibiana García Visos sorprendémonos dos usos...
O Atlántico cada vez máis ácido con Maribel G. Ibañez
Coa baixada do pH do Atlántico Norte perigan os arrecifes de coral de augas frías en poucas décadas. Conversamos coa investigadora do Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC Maribel García Ibañez sobre a medición e efectos das emisións de CO2 nos océanos.
Postal Planetaria: Bowie
Nova Postal Planetaria de Borja Tosar. Poñédevos cómodos que imos viaxar ao espazo coa música de David Bowie.
Al-Kimia: O Videoxogo da química
Alguén vén de roubar antigos documentos que conteñen o saber científico da humanidade. Zósimo e os seus acólitos queren destruílos para sumir a humanidade nunha época de escurantismo e ignorancia. Serás quen de atopar as páxinas perdidas do diario antes de que o faga o representante do mal? Estamos encantados de facer a presentación mundial...
Efer 345 (6-3-16): Acidificación dos nosos océanos
“Se os océanos da nosa terra morreran sería a mais formidable das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta” Jacques Custó Cando o afamado documentalista dos mares escribiu isto aínda non sabiamos que o 30% do CO2 que botamos á atmosfera vai parar os océanos e...
Unha cebra de auga nos laboratorios con Laura Sánchez Piñón
Conversamos coa catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón. Preséntanos as investigacións que realizan no grupo ACUIGEN utilizando como modelo ao peixe cebra. Un exemplo delas son as súas pescudas en xenotransplantes e toxicidade de nanopartículas. Tamén falamos con Lois Anxo Rodríguez Calvo do CPI San Sadurniño do proxecto “Unha cebra na auga”. Entrevista...
A malaria e o indio Pedro Leyva: Circo de Bacterias
No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimonio da humanidade. Linneo chamou á quina Cinchona officinalis e esqueceu ao seu descubridor o indio Pedro Leyva.
Xestión forestal na nube con Eucatool
Alberto Rojo, profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago preséntanos Eucatool, unha aplicación dixital para estimar a produción das plantacións de eucalipto. Con Eva Rodríguez da Axencia SINC.
Novas estratexias inmunolóxicas con África González
A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. Tamén lembramos a figura de César Milstein, premio nobel de medicna, con quen África estivo 4 anos como investigadora de postdoutoramento.
‘Todo es cuestión de química’ con @deborahciencia
Presentamos en primicia o libro de Déborah García Bello “Todo es cuestión de química” desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáDeborah? ou cólgaa no noso facebook ata o 4 de marzo. O sitio é moi...
Efervesciencia 344 (28-2-16): Inmunoloxía
Os inmunólogos traballan en como reforzar as defensas do noso organismo e non empregan iogures precisamente. A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na...
Efer 353 (1-5-16): Medindo a enerxía escura desde Javalambre
#geolodía16 @CajalWinter2016 #observatorioJavalambre #tránsitomercurio