Todos os episodios

  • Todos
  • Fragmentos
  • Programa completo
  • Versión estendida

Postal Planetaria: Bowie

Nova Postal Planetaria de Borja Tosar. Poñédevos cómodos que imos viaxar ao espazo coa música de David Bowie.

Play Episode

Al-Kimia: O Videoxogo da química

Alguén vén de roubar antigos documentos que conteñen o saber científico da humanidade. Zósimo e os seus acólitos queren destruílos para sumir a humanidade nunha época de escurantismo e ignorancia. Serás quen de atopar as páxinas perdidas do diario antes de que o faga o representante do mal? Estamos encantados de facer a presentación mundial...

Play Episode

Efer 345 (6-3-16): Acidificación dos nosos océanos

“Se os océanos da nosa terra morreran sería a mais formidable das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta” Jacques Custó Cando o afamado documentalista dos mares escribiu isto aínda non sabiamos que o 30% do CO2 que botamos á atmosfera vai parar os océanos e...

Play Episode

Unha cebra de auga nos laboratorios con Laura Sánchez Piñón

Conversamos coa catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón. Preséntanos as investigacións que realizan no grupo ACUIGEN utilizando como modelo ao peixe cebra. Un exemplo delas son as súas pescudas en xenotransplantes e toxicidade de nanopartículas. Tamén falamos con Lois Anxo Rodríguez Calvo do CPI San Sadurniño do proxecto “Unha cebra na auga”. Entrevista...

Play Episode

A malaria e o indio Pedro Leyva: Circo de Bacterias

No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimonio da humanidade. Linneo chamou á quina Cinchona officinalis e esqueceu ao seu descubridor o indio Pedro Leyva.

Play Episode

Xestión forestal na nube con Eucatool

Alberto Rojo, profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago preséntanos Eucatool, unha aplicación dixital para estimar a produción das plantacións de eucalipto. Con Eva Rodríguez da Axencia SINC.

Play Episode

Novas estratexias inmunolóxicas con África González

A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. Tamén lembramos a figura de César Milstein, premio nobel de medicna, con quen África estivo 4 anos como investigadora de postdoutoramento.

Play Episode

‘Todo es cuestión de química’ con @deborahciencia

Presentamos en primicia o libro de Déborah García Bello “Todo es cuestión de química” desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáDeborah? ou cólgaa no noso facebook ata o 4 de marzo. O sitio é moi...

Play Episode

Efervesciencia 344 (28-2-16): Inmunoloxía

Os inmunólogos traballan en como reforzar as defensas do noso organismo e non empregan iogures precisamente. A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na...

Play Episode

Libro: “Altamira vista por los españoles” de Xurxo Ayán

“Esta escritura ha sido creada para entretener a todos esos vagos tocahuevos que solo saben que hacer que leer gilipolleces como estas para pasar el tiempo” O arqueólogo Xurxo Ayán mergullouse nas 15000 páxinas do libro de visitas das covas de Altamira. Unha auténtica fotografía sen censuras da sociedade española actual e a súa relación...

Play Episode

Ignacio Ribas Marqués homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 16

Da man do catedrático emérito de Química Orgánica da USC Luis Castedo coñecemos ao químico Ignacio Ribas Marqués, protagonista do Día da Ciencia en Galicia promovido pola Real Academia Galega de Ciencias.

Play Episode

A historia xenética dos Austrias e os Darwin por Gonzalo Álvarez

Entrevistamos ao catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez. Con el conversamos de historia, arte e xenética. Álvarez leva anos estudando as dinastías reais europeas – comezando polos Austrias españois – como laboratorio de consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunten a Darwin ou 1 de...

Play Episode

Efer 343 (21-2-16): Unha mirada científica á historia

“A historia é a ciencia do que nunca sucede dúas veces” Paul Valéry As veces para estudar a historia cómpre mirar mais aló das fontes canónicas. Como a catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez que emprega as dinastías reais europeas como laboratorio para estudar a consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é...

Play Episode

Ondas gravitacionais con José Edelstein

O descubrimento das ondas gravitacionais foi portada de todos os xornais, e non é para menos. Cen anos despois da predición de Einstein abrimos unha nova xanela para coñecer o universo. O experimento LIGO puido rexistrar as ondas gravitacionais xeradas polo choque de dous buratos negros hai 1300 millóns de anos. O físico teórico e...

Play Episode

Convivir con robots? Entrevista a Senén Barro

Os robots están aquí para quedarse. Sabemos convivir con eles? Subiriamos a un avión pilotado por unha máquina? Vannos quitar o traballo? Como aprenden? Conversamos con Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC.

Play Episode

Detectar o ollo seco

Carlos García Resúa da facultade de Óptica da USC explícanos as funcións das lágrimas, as súas investigación para a mellora da diagnose do ollo seco, e como un pestanexo a tempo diante dunha pantalla pode evitar problemas oculares.

Play Episode

Efer 342 (14-2-16): Convivir con robots e ondas gravitacionais

A interferencia de ondas empregouse para detectar por primeira vez as ondas gravitacionais polo experimento LIGO. Curiosamente o mesmo fenómeno que empregan os ópticos para diagnosticar o ollo seco. José Edelstein debúllanos o descubrimento das ondas gravitacionais e Carlos García Resúa explícanos as funcións das lágrimas, e como un pestanexo a tempo diante dunha pantalla...

Play Episode

Innovando: FAZ e turismo científico

A empresa innovadora FAZ Cultura e Desenvolvemento aposta pola potencialidade do turismo científico.

Play Episode

SINC: Os raposos galegos como bioindicadores

Os raposos galegos acumulan baixos niveis de metais pesados. Este é un traballo do profesor de toxicoloxía da Universidade de Extremadura Marcos Pérez recollido pola axencia SINC.

Play Episode

Astrofotografía: APOD en galego e Dani Caxete

A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofotógrafo galego con 4 APODs. Caxete cóntanos as dificultades que tivo para convencer á famosa web de fotografía astronómica de que a súa última creación foi realizada dun único disparo.

Play Episode

Entrevista a Aitor Sánchez, @midietacojea

Neste episodio efervescente entrevistamos ao dietista-nutricionista Aitor Sánchez, autor de Midietacojea, para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver co que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar calorías? É o mesmo dieta...

Play Episode

Os 4 novisimos da táboa períódica

Iniciamos 2016 con 4 novos inquilinos oficiais na táboa periódica. Son elementos artificiais radioactivos de vida tan efémera que nalgúns casos só se preparou un so átomo! Logo de anos de verificacións a IUPAC decidiu completar a sétima fila da táboa periódica. O catedrático emérito de Química Inorgánica da USC Manolo Bermejo cóntanos todo o...

Play Episode

Efer 341 (7-2-16): A nosa dieta coxea

Neste episodio efervescente entrevistamos a Aitor Sánchez @midietacojea para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver que que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar caloría? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta...

Play Episode

Blanca Laffón: A seguridade das nanopartículas

Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores senior.

Play Episode

Axenda feminista de científicas galegas

Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente un programa de Efervesciencia estivo na orixe da idea …

Play Episode

Entrevista a Javier Guitián: Biodiversidade do Courel, xanzá,…

Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. A serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o...

Play Episode

Efer 340 (31-1-16): Courel de alaranxadas xanzás

A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos...

Play Episode

“Non toques os meus círculos” de Artello Teatro

Como recomendación da nosa axenda de eventos científicos destacamos a representación no MUNCYT de A Coruña de “Non toques os meus círculos” por parte da compañía de teatro Artello.

Play Episode

Entrevista a Javier Montenegro: Atravesar a membrana

Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto...

Play Episode

Os segredos do programa de divulgación ‘Éche así’

Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o que hai atrás da cámara do programa de televisión de divulgación científica Éche Así: as pezas mais complicadas, a máquina infernal, …

Play Episode

Qubiotech: Unha spin-off que axuda ao teu médico a ver o teu cerebro

Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe...

Play Episode

Efer 339 (24-01-16): Un contrasinal oloroso para entrar na célula

O investigador do @CIQUSUSC Javier Montenegro vén de gañar unha prestixiosa bolsa Starting Grant do ERC. Van crear un modelo olfactivo para predicir que substancias poden atravesar a membrana celular. Conversamos con Jesus Silva e Daniel Fernández de @qubio para coñecer IQ-Brain. Acabouse iso de analizar os escáneres cerebrais a ollo. Gaspar Broullón e David...

Play Episode

Entrevista a Francisco Mójica – descubridor do CRISPR – e a Anxo Vidal

O investigador do CIMUS Anxo Vidal é un feliz usuario da técnica de edición xenetica CRIPR-Cas9. O descubrimento do ano 2015 segundo Science. Francisco Mójica profesor da Universidade de Alicante foi o primeiro en identificar a secuencia CRISPR en procariotas. No seu momento as revistas como Nature o PNAS non aceptaron o seu paper. Actualmente...

Play Episode

Efer 338 (17-1-16): As ciencias adiantan que é unha barbaridade co CRISPR

Primeiro programa da novena tempada de Efervesciencia. Monográfico dedicado ao mellor da ciencia dos últimos meses con @deborahciencia @borjatosar @dabelbi @CesarGoldi e @AvoaEinstein. Risas e cantos nun programa irreproducible. Conversamos con Anxo Vidal do @cimususc e Francisco J. M. Mójica da Universidade de Alacante. As investigacións básicas en ADN de procariotas de Mójica desenvolveron un...

Play Episode

Avance Efer 338: Avoa, Galileo e os crispis

Iniciamos a 9ª tempada de Efervesciencia e chamamos directamente á Avoa de Einstein ao alén xusto cando se dispón a comer un churrasco …

Play Episode

Ciencia para andar por casa: Augas minero-medicinais

Bibiana García Visos explícanos como se determinan as augas minero-medicinais, como as do manancial de As Lombas de Catoira. Intervén Antonio Borrel director científico do Laboratorio Oliver Rodés.

Play Episode

Entrevista a Jorge Simón Izquierdo

Neste programa especial desde Catoira son os nosos invitados Jorge Simón Izquierdo autor de “Os Viquingos en Galicia” e a Manuel Isorna, doutor en psicoloxía e técnico de servizos sociais do Concello de Catoira. Jorge Simón ten lido as fontes nórdicas na súa linguaxe orixinal.

Play Episode