- Todos
- Fragmentos
- Programa completo
- Versión estendida
Efer 694 (9-1-25): Psicomitos
[4:54] En “Cambio de fase” Daniel Pizarro reseña a banda deseñada Logicómix. [21:44] Fátima Garcia Doval vén de publicar “Psicomitos”
Efer 693 (2-1-25): Piano Bar Sesión 2
Segunda parte da sesión Efer Piano Bar gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi.
Efer 692 (1-1-25): Piano Bar Sesión 1 (Versión estendida)
[Versión estendida] Efer Piano Bar Sesión 1 gravada no pub Camalea de Santiago para repasar a mellor ciencia do ano co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores Nacho Munilla, Susana Ladra, Xabier Pérez Couto, Rosa Pedrido, Julio Rodríguez, Estíbaliz Espinosa e César Goldi. Eva Poveda, directora do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur,...
Efer 691 (26-12-24): Desde o AstroGalicia, cazadores dos raios cósmicos máis enerxéticos
Asistimos á X edición do Astrogalicia, a festa galega da astronomía, que tivo lugar en Arzúa. (1:42) A betanceira Alba Fernández Barral é a xefa de comunicación do experimento que vai medir os raios cósmicos máis enerxéticos do universo, o CTAO. Rubén López Coto é investigador do Instituto Astrofísico de Andalucía e emprega intelixencia artificial...
Efer 690 (25-12-24): Os nomes dos paxaros
(1:50) A Real Academia Galega publica os nomes oficiais de 600 especies de aves. Este é o resultado de anos de traballo entre terminólogos e ornitólogos. Conversamos con Manuel González, director do dicionario da RAG, e os ornitólogos Cosme Damián Romai e Xosé Manuel Penas Patiño. (31:15) Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as...
Efer 689 (12-12-24): Abre os ollos
(3:34) Conchi Lillo fálanos desde un lugar secreto na nosa sección “Un libro, un autor, un lugar” (5:48) Repasamos a actualidade aeroespacial con Wicho. (21:48) Conversamos coa neurocientífica Conchi Lillo sobre mitos relacionados coa visión ao fío do seu libro “Abre os ollos”
Efer 688 (28-11-24): Arqueoloxía dos puticlubs
(2:56) Os orgasmos alivian a dor menstrual? Explícanolo Laura Veiga. (16:02) Asistimos ao IV Encontro Oportunius e conversamos con Carmen Cotela (directora de GAIN) e o investigador do CIQUS Manuel Souto. (26:23) Xurxo Ayán e Carlos Otero estudan desde a arqueoloxía os prostíbulos abandonados de Galicia. Os restos materiais cóntannos historias de explotación que poñen...
Pseudoterapias con Rosa Arroyo [Versión estendida]
Rosa Arroyo é coordinadora do Observatorio contra as pseudociencias, pseudoterapias, intrusismo e sectas sanitarias da Organización Médica Colexial. Con ela falamos sobre como detectar e loitar contra as pseudoterapias.
Efer 687 (21-11-24): As aventuras de Rodríguez e dous franceses [Radioteatro no Colón]
Programa especial desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro “As aventuras de José Rodríguez e dous franceses” en directo coas voces de Avelino González, Caxoto, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Xabier Pérez Couto. (44:48) Conversamos con David Ballesteros e Quantum...
A ecuación do “imprevisible” movemento gatuno
Son os gatos imprevisibles? O físico do IGFAE Anxo Fariña vén de publicar en American Journal of Physics as ecuacións de movemento do movemento gatuno.
Efer 686 (14-11-24): Enerxía nuclear con @operadornuclear
(3:09) No espazo dedicado á Axencia Galega de Innovación GAIN coñecemos a futura ampliación do CESGA, o Centro de Supercomputación de Galicia (9:12) No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para...
Enerxía nuclear con @operadornuclear [Versión estendida]
[Versión estendida] No primeiro reactor nuclear da historia un home cun machado tiña a misión de deixar caer unha barra de control pendurada dunha corda no caso de que se desbocase a reacción. Para coñecer como é hoxe en día a industria nuclear conversamos con Alfredo García (@operadornuclear), supervisor nuclear na central de Ascó, enxeñeiro...
O ordenador cuántico do CESGA desvela o “sabor” de frescor
Desentrañan co ordenador cuántico do CESGA, o Qmio, os secretos do frescor que chega á túa boca cando tomas, por exemplo, un mojito. Este é un traballo interdisciplinario no que participaron as doutoras María Paredes, técnica de I+D de “Hijos de Rivera”, e Mariamo Mussa, técnica de comunicacións cuánticas do CESGA.
Regalamos 100 entradas de balde ao “Coruña Comunica Ciencia”
Do mércores 13 ao venres 15 de novembro terá lugar a primeira edición do festival “Coruña Comunica Ciencia”. Polo coruñés Teatro Colón desfilarán divulgadores como Quamtum Fracture (José Luis Crespo), Laura Morán, Xurxo Mariño, Deborah García Bello, Xurxo Ayán, Tamara Pazos,… Tamén haberá teatro con Julio Montañana e a estrea en galego do espectáculo “A...
Onde está Briones? Gaña un exemplar asinado de “A bordo da túa curiosidade”
Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de “A bordo de tu curiosidade”. Hai pistas na conversa, no podcast e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00.
Efer 685 (17-10-24): A bordo da túa curiosidade
(3:25) Carlos Briones estivo en Galicia e deixounos unha mensaxe desde un lugar especial. Se sabes onde estivo escríbenos en twiiter. Sorteamos un exemplar asinado de “A bordo de tu curiosidade”. Hai pistas na conversa e tamén as iremos poñendo por twitter. Prazo ata o 13 de novembro ás 24:00. (5:07) Susana Ladra debullamos o...
Efer 684 (10-10-24): Nove anos de ondas gravitacionais, con Alicia Sintes
(2:37) A astronomía de ondas gravitacionais só ten 9 anos, pero está abrindo unha nova fiestra ao coñecemento do universo. Conversamos con Alicia Sintes, da Universitat de les Illes Balears e membro da colaboración científica LIGO. (16:03) O proxecto de ciencia cidadá “Cycling with clean air” monitoriza, empregando traxectos en bicicleta de voluntarios, a calidade...
Efer 683 (3-10-24): O escorpión mariño de dous metros da Fonsagrada
(2:39) Relatamos a fascinante historia de como uns nódulos, descubertos por casualidade entre a lousa durante a construción de pistas en Forcarei, espertaron a curiosidade dun médico e dun profesor de instituto. Case 20 anos despois, no marco das XXXIX Xornadas da Sociedade Española de Paleontoloxía, reveláronse os resultados do estudo dos fósiles contidos nesas...
Efer 682 (19-9-24): Gripe aviar na Antártida e outas historias do Congreso Nacional de Viroloxía
(0:20) Levamos décadas acurralando á polio. O método para erradicar da terra esta terrible enfermidade enfróntase a un perverso dilema. Pero ningunha opción é valida coas guerras actuais. (4:56) Infiltrámonos no XVII Congreso Nacional de Viroloxía que tivo lugar en Santiago a principios de mes. Alí coñecemos en conversa con Antonio Alcamí (CBM-CSIC) que a...
Historias do Ébola [Historias de virus]
O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola e como acabou investigando esta doenza.l
“Adeus ao factor de impacto” con Isidro Aguillo [Versión estendida]
[Versión estendida] A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a subestimación das humanidades. A cibermetría permite agora crear indicadores máis transparentes e diversos, como avoga a iniciativa europea COARA. Conversamos con Isidro...
Efer 681 (12-9-24): A revolución de avaliar a ciencia con ciencia
(2:46) O virólogo César Muñoz Fontela, investigador do Instituto de Medicina Tropical Berhand Noch de Hamburgo, cóntanos a historia do virus de Ébola (30:38) A avaliación actual da investigación susténtase en que revistas científicas publican os seus resultados os investigadores, pero este modelo ten moitas eivas. Unha delas é irrelevancia de investigacións locais e a...
Efer 680 (5-9-24): O ensino da xeoloxía desde o Xeoparque Montañas do Courel
Achegámonos ao Museo Etnográfico de Quiroga para coñecer o Xeoparque Montañas do Courel ao fío do XXII Simposio de Ensino da Xeoloxía organizado pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, AEPECT. (2:39) Conversamos co coordinador do equipo organizador do simposio, Eloy Cabarcos, coas profesoras de xeoloxía Ana Bueno e Natalia Fernández, e...
Efer 679 (30-6-24): Arte, CERN e o IGFAE
(2:02) A Igrexa da Universidade da USC acolle a exposición “Instrumentos de Visión” con fotografías de Armin Linke para conmemorar o seu 25 aniversario e os 70 anos do CERN. Conversamos sobre ciencia, arte e a historia da física de partículas en Galicia co director do IGFAE Carlos Salgado e Mónica Bello, comisaria da exposición...
Efer 678 (29-6-24): Ciencia á Feira: micorrizas e microenxertos
(1:57) Unha vez ao ano son os investigadores os que escollen vir onda nós a participar no obradoiro Comunicar Ciencia na Radio. Contamos con Tamara Pazos, Álvaro Silva Teira, Patricia Fernández Calvo, Pablo Otero Tranchero, Diego Cacheda e Pedro Peón. (25.25) Visitamos Pobra do Brollón nun día de feira para coñecer o proxecto de divulgación...
Efer 677 (13-6-24): Cervexa, sonificacións e poesía na X Noite Efervescente desde Sobrado dos Monxes [Versión estendida]
[Versión estendida] Celebramos a X Noite Efervescente en Sobrado dos Monxes, unha festa inclusiva para a observación do ceo. Acompáñannos Ángel Vidal para falar dos pementos de Padrón e os nosos estreleiros Javier Pérez Couto e Martin Pawley para contarnos a Guía do Ceo do verán. A música e a poesía virán da man da...
Efer 676 (6-6-24): Aurora Grandal, pioneira no estudo da paleontoloxía en Galicia
(2:26) O matemático do Bermés José Rodríguez é o noso gran primeiro científico. A Real Academia Galega das Ciencias dedícalle este ano 2023. Pero ao redor da súa figura se están a divulgar unha serie de mitos e esaxeracións. Carmen Villanueva vén de realizar a súa tese de doutoramento sobre José Rodríguez. (2:16) Eva Poveda...
Mapas Lab: Dinosauros, mapas, ordenadores e evolución [Versión estendida]
[Versión estendida] isitamos o “Mapas Lab” da Universidade deV Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa “Starting Grant” do ERC (Consello Europeo de Investigación) para estudar o comportamento da biodiversidade no planeta nos últimos 540 millóns de anos. Un caso concreto é aparición...
Efer 675 (30-5-24): Os mapas da biodiversidade dos últimos 540 millóns de anos
(1:57) O cheiro a piscina non é o que ti cres que é. Bibiana García Visos fálanos dos cheiros do verán. (13:37) Visitamos o “Mapas Lab” da Universidade de Vigo para coñecer como simulan a evolución da biodiversidade no espazo e no tempo. Sara Varela gañou unha prestixiosa “Starting Grant” do ERC (Consello Europeo de...
Fernando Valladares e Valentina Raffio debaten sobre a “eco-esperaza”
Conversamos sobre “eco-esperanza” frente “eco-ansiedad” y negacionismo con Fernando Valladares (Profesor de Investigación do CSIC no grupo de Ecoloxía e Cambio Global no MNCN) e Valentina Raffio (xornalista de ciencia e medio ambiente en “El Periódico”) no Ciencia na Aldea.
Póker de raíñas: @ConchiLillo, @farmagemma e @tvaldessolis
No Ciencia na Aldea conversamos con Gemma del Caño (farmacéutica, especialista en seguridade alimentaria), Teresa Valdés Solís (Investigadora del INCAR-CSIC) e Conchi Lillo (Neurobióloga da Universidade de Salamanca). As tres teñen en común a súa aposta persoal pola divulgació da ciencia.
Efer 674 (23-5-24): Ciencia na aldea (versión estendida)
A aldea de Pena da Nogueira no Concello de Negueira de Muñiz pasou de ter catro habitantes a ser por tres días un epicentro da divulgación científica e ambiental coa celebración da terceira edición de “Ciencia na Aldea”. Neste monográfico conversamos con Alberto Uría e Vanesa Paredes (Asociación Corripa), Fernando Valladares (Profesor de Investigación do...
Efer 673 (16-5-24): Mellor de madeira desde a Galiciencia
“Mellor de madeira” é o lema da edición de 2024 da feira cientifíca Galiciencia organizada por Tecnópole en San Cibrao das Viñas. Irmandamos a Galiciencia co Día da Ciencia na Rúa en A Coruña da man da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e os Museos Científicos Coruñeses. (16:35) O botánico Bernabé Moya alerta...
Efer 672 (2-5-24): Deseño para a innovación
Repasamos a historia do deseño galego (15:46) (35:42) ao tempo que asistimos ao VII Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial. Conversamos con Carmen Bouza (1:48), Javier Cañada e Irene Bazo (17:52) e Uqui Permuy (37:39).
Efer 671 (25-4-24): Copenhague no CINVIGO
Desde a Porta do Sol de Vigo realizamos o programa cara o público no festival científico CINVIGO. Contamos coa presenza de Miguel Ángel Correa, Margarita Vázquez González, Trinidad Vázquez, Aroa Álvarez e Noel Queipo. Co pianista Juanjo Fernández e os actores Estíbaliz Espinosa e Manuel Fernández representamos sonoramente fragmentos da obra de teatro Copenhague. Que...
Efer 670 (18-4-24): Xornadas de Tecnoloxía de Galicia
(1:43) Coñecemos a resolución da 5ª convocatoria do programa “Fábrica Intelixente” de GAIN con Patricia Argerey e Gregorio González de FINSA. (16:48) Achegámonos ao Instituto da Illa de Arousa para coñecer de primeira man o desenvolvemento das XX Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA. (37:23) Noel Queipo convídanos á segunda edición do festival CINVIGO. (39:06)...
Efer 669 (11-4-24): Viaxe arqueoastronómica ao Antigo Exipto
(3:21) Lembramos a figura de Peter Higgs con José Edelstein (15:05) O investigador do Instituto Astrofísico de Canarias Juan Antonio Belmonte, ademais de dedicarse ao estudo de exoplanetas, é unha das máximas autoridades en arqueoastronomía, tamén coñecida coma astronomía cultural. En 2004 comezou a estudar a orientación astronómicas dos templos do Exipto Antigo na Misión...
Efer 668 (4-4-24): Desentrañar a electrónica orgánica
(5:12) Estíbaliz Espinosa preséntanos o proxecto europeo Urban Travell Machines de poesía en planetarios creado por Philip Meersman. (14:17) Jaime Martín traballa en electrónica orgánica no campus industrial de Ferrol da UdC como investigador Oportunius da GAIN. A súa investigación é considerada de alto risco e impacto polo Consello Europeo de Investigación que lle concedeu...
Eclipse e cometa. Guía do ceo de primavera 24 con @astroxabi
Guía do ceo de primavera co noso estreleiro @astroxabi, Xabier Pérez Couto onde incluímos información sobre a eclipse do 8 de abirl e o cometa 12P/Pons Brooks. Inclúe tamén a intro do programa cunha reflexión sobre a oportunidade que pode significar para Galicia a eclipse total do 2026.
A trampa do amor con Luis Muiño [Versión estendida]
Conversamos co psicólogo Luis Muiño sobre o seu libro “A trampa do amor. Unha reflexión contra o amor romántico. Unha guía para o amor san”