
Poñemos en marcha unha nova edición do obradoiro «Comunicar Ciencia na Radio» (e tamén en podcast). As prazas son moi limitadas polo que aconsellamos que se che interesa te inscribas o mais axiña posible.
Este obradoiro está pensado para investigadores, tecnólogos, innovadores, divulgadores,… e terá lugar o vindeiro venres 26 de xuño entre as 10:30 e as 13:30 no estudio de radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Gravaranse contidos que se emitirán en Efervesciencia.
Podes apuntarte cubrindo este formulario ou escribíndonos a efervesciencia@gmail.com. Esta actividade enmárcase dentro do proxecto “Efervesciencia 25-26” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades.
Consulta as bases aquí.
