
Juan José Gómez Cadenas dirixe o experimento NEXT (Neutrino Experiment with a Xenon TPC) que desde o laboratorio subterráneo de Canfranc busca demostrar que o neutrino é a súa propia antipartícula. Quen consiga demostrar esta hipótese ten garantido o premio Nobel de física.
Xunto con Jose Ángel Hernando (NEXT, USC) repasamos a historia destas fascinantes e misteriosas partículas nunha conversa ateigada de metáforas:
– Anacos diminutos de realidade
– Lixo das reaccións nucleares
– O máis próximo á nada
– O misterio da santísima trinidade dos neutrinos
– Lotería do imposible
– Axente dobre
– Fenda pola que entra a luz