
Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación que se fan inviables.
Con Capetillo tamén conversamos sobre envellecemento e inestabilidade xenómica, e de como abrir novas vías de ataque a un cumio inexplorado: o tratamento da ELA.