
O doutor enxeñeiro en telecomunciacións Martín López Nores é unha estrela da televisión chinesa polas súas capacidades resolvendo sudokus 3D a cegas e outros complicados problemas de enxeño. Coñecemos a súa historia grazas a talentogalego.com. E así foi como acabamos todos xuntos nunha cámara anecoica nun programa cheo de conexións e nexos inesperados.