
Juan Fernández Tajes estuda a xenética humana de doenzas como a diabetes no Wellcome Trust Centre da Universidade de Oxford. Pero nos seu inicios no mundo da investigación empezou estudando as navallas galegas, que estaban mal catalogadas. Con esta entrevista, o noso correspondente temporal en Londres Juan Picos despide a súa sección.
Para que un novo fármaco chegue aos pacientes ten que ser efectivo e seguro, pero tamén compre que estea protexido e viable a súa produción. Todo isto o tiveron en conta no departamento de tecnoloxía farmacéutica da USC para produción dun fármaco contra a metástase do cancro de colon. O equipo de Alejandro Sánchez Barreiro gañou o premio 2018 de investigación da Real Academia de Ciencias por este traballo.
O proxecto INVERBIS é un dos 7 que veñen de ser seleccionados na segunda edición do programa Ignicia Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación, GAIN, da Xunta de Galicia. Escoitamos a Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e intelixencia artificial da USC e dirixe o grupo de sistemas intelixentes do CITIUS, e a Pedro Arenas e Verónica Castelo de GAIN.
Un pigmento azul mais valioso que o ouro é a peza clave no misterio do monxa do dente azul. Nolo conta a nosa Deborah Garcia Bello.