
Inserímonos dentro do “Imperio do mal” alimentario e farmacéutico da man de @farmagemma e a súa estraña familia.
Tamén falamos da importancia do deseño como motor de innovación con María José Mariño da @axenciaGAIN e @DavidBarro1
Coñecemos o lado mais galego da Táboa Periódica con Miguel Ángel Ríos que nos presenta a obra de Tomás Batuecas na Comisión Internacional de Pesos Atómicos. Batuecas ven de ser elixido científico do ano pola Real Academia Galega de Ciencias.