
1. Recibimos a “Pérez & Fernández”, Victoria e Manuel, antes da estrea no Salón Teatro de Compostela da adaptación na novela de María Solar “Os nenos da varíola” en coprodución co CDG. (2:30).
2. O académico Pedro Merino preséntanos a fascinante vida do enxeñeiro Comerma, homenaxeado no Día da Ciencia 2020 da Real Academia Galega de Ciencias. (18:11)
3. Na Guía do Ceo de Irene Baspino e Martin Pawley sabemos das diferentes vidas das estrelas ao fío de Betelgeuse. (35:32)