
(2:54) Olalla López Costas da USC vén de gañar un proxecto europeo Consolidator Grant do ERC para o estudo da afectación nas persoas da contaminación por metais en Europa no período romano e medieval.
(16:22) Un proxecto multidisciplinar coordinado por Luis Carral da Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol da UdC recuperará os ecosistemas da ría de Ares- Betanzos con arrecifes artificiais fabricados a partir de cunchas. Este proxecto acadou unha mención honorífica nos premios de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo 2022 da Real Academia Galega de Ciencias.
(38:15) Tense parado o núcleo da terra? Segundo uns titulares alarmistas si. Borja Tosar desfai a confusión nunha nova Postal Planetaria. http://www.efervesciencia.org