#MitosEvolución 1: Descendemos dos monos? (convidado JM Bermúdez de Castro)

“Mitos e realidades da evolución para a xente común” é unha sección de Alba López que forma parte do seu Traballo de Fin de Grao en bioloxía na UdC.
Na primeira colaboración Alba analiza a frase “os humanos descendemos dos monos” coa participación de José María Bermúdez de Castro, o co-director do xacemento de Atapuerca e Premio Príncipe de Asturias de Investigación.