Parabéns Dolly… pero ti de quen vés sendo?

Con Manuel Collado – Laboratorio de Células Nai en Cancro e Envellecemento do IDIS-CHUS – analizamos a creación da ovella Dolly no seu 20 aniversario. Dolly foi o primeiro mamífero clonado a partir dunha célula adulta. Nesta historia houbo quen levou a fama, e quen traballou arreo e non veu recoñecido o seu traballo.