
[Versión estendida] As liñas de investigación da bióloga de Patricia Brennan mudaron radicalmente mentres facía a súa tese de doutoramento. En Costa Rica observou unha parella de Tinamús, unha ave do Trópico, apareándose. A sorpresa foi que o macho tiña un pene de 40 centímetros. As preguntas comezaron decontado: aves con pene? E como son entón as vaxinas das femias? E así foi como Brennan adentrouse no inexplorado mundo das vaxinas dos patos e delfíns e a súa función na selección sexual. Acabou descubrindo un universo de formas, e sen querelo, mesmo rematou no centro dun furacán mediático. Actualmente Patricia Brennan é investigadora do Mount Holyoke College, en Estado Unidos.
http://www.efervesciencia.org